Page 14 - 147_interactivo.pdf
P. 14
14 tendencias
Como mellorar a competitividade cunha Memoria de Responsabilidade Social Empresarial
Xa hai uns anos que a Memoria de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) deixou de ser unha novidade para converterse nunha necesidade. Calquera empresa que se considere competitiva ou aspire a selo conta cunha Memoria de RSE actualizada ano a ano. As razóns son obvias, cuestións tan decisivas coma o coidado do medioambiente, a consolidación dos dereitos individuais e colectivos, a inclusión social, o respecto profesional e á particularidade persoal, a igualdade, a promoción da cultura, a asunción de valores: democracia, solidarie- dade, participación... todos eles e máis deben formar parte da cultura da nosa empresa, da nosa cooperativa. E como reza o dito «non só hai que selo, tamén hai que parecelo».
As cooperativas, por definición, levan dende sempre aplicando moitos destes principios e valores; están tan asumidos que non son poucas as ocasións en que pasan desapercibidos e non se contabilizan como un valor engadido, pero é preciso dalo a coñecer. É unha mágoa desapro- veitar esta oportunidade de que todos coñezan a realidade das cooperativas. Así o teñen visto moitas grandes, e non tan grandes, empresas que souberon ver que as cuestións sociais son un valor que suma, e moito, na reputación e na imaxe das entidades e por tanto, na súa consideración entre os consumidores e a sociedade, en xeral.
Suma, e moito, na reputación e consideración entre consumidores e sociedade, en xeral
Dende AGACA levamos moito tempo insistindo en que as cooperativas deben dar a coñecer este bo facer e as cualidades que as definen, tanto a nivel xeral como cada caso particular porque poucas fórmulas económicas achegan tanto valor engadido.
Se as Memorias de Actividades recollen todas as accións e traballos desenvolvidos cada ano, as Memorias de RSE, tamén coñecidas como RSC ou de Sostibilidade, é onde se compilan os impactos que estas actividades e decisións adoptadas teñen sobre o medio ambiente, a economía e a sociedade.
A ter en conta para elaborar unha Memoria RSE
Non hai un formato obrigatorio, a metodoloxía a empregar é libre. Recoméndase, por ser a máis estendida, empregar a de Global Reporting Initiative (GRI), unha organización que se dedica, precisamente, a promover a elaboración destas Memorias.
Cómpre explicar os nosos grupos de interese, incluír indicadores económicos, sociais e medioambientais e as
decisións adoptadas en materia de desenvolvemento sostible
Os contidos incluídos deben ter en conta aspectos como:
• Os grupos de interese: clarificar quen son os destinatarios dos nosos traballos e actividades e o que facemos para satisfacer as súas demandas e necesidades.
• Indicadores: incorporar indicadores que permitan recoñecer os efectos económicos, sociais e medioambientais e como estes inflúen nas decisións de compra ou acepta- ción dos grupos de interese.
• Desenvolvemento sostible: incluír unha rela- ción daquelas accións, adoptadas volunta- riamente, que repercuten dun xeito positivo no coidado do medioambiente.