Page 16 - 147_interactivo.pdf
P. 16

16 tendencias
Oito proxectos que darán solución a retos empresariais grazas a BFFood
Equipo xestor, administración e empresas tractoras de BFFood
BFFood, a aceleradora do sector alimentario impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) xa anunciou os proxectos innovadores que procu- rarán achegar solucións aos diversos retos presentados polas empresas do sector alimentario.
    Proxectos aprobados
Biopraedium: Iniciativa de Santiago de Compos- tela que afrontará o desenvolvemento de novos produtos, achegando unha gama de solucións domésticas cuxo eixo principal son o autocon- sumo e a sustentabilidade. Hidroponia, aeroponia e acuaponia son algúns dos sistemas cos que traballan. Rubén Hidalgo, director CAPSA V.I.D.A. de CAPSA FOOD (Larsa), exercerá como mentor deste proxecto.
Galinsect: Proxecto vigués que ofrece a cría e comercialización de insectos para satisfacer a demanda de proteína limpa e sustentable medioambientalmente, para mercados acuícola, gandeiro e de mascotas. Juanjo de la Cerda, director corporativo de I+D e calidade do Grupo Nueva Pescanova, e Carlos Alberte, director técnico de viticultura de Viña Costeira, mentori- zarán esta iniciativa.
HEROOJ: Proxecto presentado dende Barcelona para respostar ao reto de novos produtos, en concreto: hidroxeles, barritas enerxéticas, hiper- tónicos e isotónicos 100% ecolóxicos e naturais, feitos con base de auga de mar, enfocados a deportistas de resistencia e cun packaging compostable. Conta coa mentoría de Antonio Cortés, director de Responsabilidade Social
Corporativa de Gadisa, e o apoio de Xaquín Antón, director de proxectos de I+D+i de Clavo Food Factory.
Hk_smart: food by himikode. Iniciativa proce- dente de Lugo que facilita a xestión e garante a trazabilidade, seguridade e sustentabilidade dos produtos que operan no canal Horeca, conec- tando en tempo real ás marcas cos seus clientes. Alejandro Álvarez, director financeiro de Cafés Candelas, exercerá como mentor.
Stateralabs - Liposomas de DHA con curcumina e vitamina D é outro proxecto de Santiago de Compostela. Establece a creación de tres liñas de produtos: Healthinfoods (nutracéuticos orientados a deportistas, preñadas e persoas con dolen- cias), Equinhealth (biocéuticos para cabalos de competición) e Healthinfoods Bioactives (ingre- dientes bioactivos para distintas matrices alimen- tarias). Rubén Hidalgo, director CAPSA V.I.D.A. de CAPSA FOOD (Larsa), e Iago Quintana, director xeral de Dairylac, son os mentores.
Smart vitamins - Nanocápsulas bioactivas para enfermidades autoinmunes. Idea desenvolvida no CIMUS polo laboratorio de María José Alonso, catedrática da Universidade de Santiago de Compostela e experta no campo da tecnoloxía nanofarmacéutica e a nanomedicina. Busca























































































   14   15   16   17   18