Page 17 - 147_interactivo.pdf
P. 17
validar o efecto biolóxico dunha emulsión de nanocápsulas de compostos bioactivos facil- mente integrables en diferentes alimentos, para o tratamento de enfermidades neurodexenerativas e autoinmunes, administrables vía oral. Roberto Alonso, xerente do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), exercerá como mentor deste proxecto.
SITRAV–Sistema de trazabilidade avanzado.
Procedente de Marín (Pontevedra), esta iniciativa busca solución ao reto da dixitalización e auto- matización da industria. Desenvolve un sistema intelixente de trazabilidade de recollida, explota-
17 tendencias
ción e posta a disposición de datos relacionados cos sistemas de produción industrial. Mónica Cascallar, directora de Innovación de Congalsa, mentorizará o proxecto.
Kiwanda-Solucións RFID para inventario e traza- bilidade. Proxecto compostelán que aborda o reto loxístico da industria. Ofrece unha solución aos problemas de inventario e trazabilidade na cadea de subministro, automatizando procesos de identificación e control, grazas á tecnoloxía RFID. José Carlos Vila, director xeral de Kiwi Atlán- tico, exercerá como mentor desta iniciativa.
Representantes dos proxectos seleccionados cos seus mentores
1234
5678
1. Biopraedium. Mentor: CAPSA FOOD. 2. Galinsect. Mentores: Viña Costeira e Nueva Pescanova. 3. HEROOJ, Mentores: Gadisa e Clavo Food Factory. 4. HK Smart Food, Mentor: Cafés Candelas. 5. Stateralabs Mentores: CAPSA FOOD e Dairylac. 6. Smart Vitamins Mentor: Clusaga. 7. SITRAV Mentora: Congalsa. 8. Kiwanda Mentor: Kiwi Atlántico
No 147 Marzo 2020