Page 18 - 147_interactivo.pdf
P. 18

18 tendencias
Agronomía e animais: maior impacto ambiental no vacún de leite
  O proxecto «Mellora da competitividade das explotacións de vacún de leite mediante asesoramento para redución da pegada de carbono e a pegada hídrica» analiza a pegada de carbono e pegada da auga nas explotacións, busca medidas de innovación ecolóxica e produción hipocarbónica coas que mellorar a súa competitividade e constrúe redes de trans- ferencia de coñecementos.
Na xornada «Sostibilidade, pegada de carbono e pegada hídrica», en Santiago, amosáronse os resultados do proxecto, realizado con financia- mento da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES) e o apoio da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Mario Fernández, técnico de AGACA, indicou que durante o proxecto, iniciado en 2018, se estudaron 96 explotacións de diversos tamaños e modelos produtivos.
Antonio Cortés, do Biogrup da USC, ofreceu cifras: a media da pegada da auga é de 120,5m3 por m3 de leite producido; a de carbono é de 1660 ± 440Kg de CO2 eq por m3 de leite. A produción de penso, cultivo de herba e de millo (agronomía, co 45%) e as emisións directas (fermentación enté- rica, co 49%) son os procesos con maior impacto ambiental.
36 granxas xa acadaron a eficiencia
Froitos do proxecto son tamén as Guías de Boas Prácticas e Mellores Técnicas Dispoñibles así como o establecemento dunha rede que facilite a transferencia de coñecementos entre centros de investigación e explotacións e o aproveita- mento de sinerxías. Actualmente, 36 das granxas estudadas acadaron a eficiencia.
Outras emisións
Doutra banda, Gumersindo Feijóo, vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC, centrou a súa intervención en sustentabilidade: «O Pacto Europeo Verde é unha grande opor-
tunidade para o sector galego de produción primaria, tanto agrario coma pesqueiro, porque estamos ben colocados para poñer en valor —cos Obxectivos e metas de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas 6 e 13, sobre pegada hídrica e de carbono— os nosos alimentos no mercado».
Juan Castro, investigador no CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo) apuntou un paradoxo: o porcino, responsable do 44% das emisións de amoníaco do sector agrario español (en 2016) debe reducir emisións nun 9% para cumprir o Programa Nacional de control da contaminación atmosférica; o vacún de leite emite un 9,9% —logo da aplicación de xurros— e debe reducir emisións nun 45%. Sobre o xurro opinou: «É un subproduto valiosísimo para a economía circular, non un refugallo. O adobo orgánico é máis beneficioso para o solo a longo prazo pois nutre o chan».
Samuel Prieto, técnico da Xunta de Galicia, refe- riuse aos obxectivos da Estratexia de economía circular aprobada pola Xunta en decembro de 2019: ecodeseño, educación e sensibilización, industria, produción de alimentos, urbanismo, edificación e obras públicas, xestión do ciclo da auga e dos refugallos. Afirmou a necesidade de «facer un cambio de mentalidade: as cousas non son de usar e tirar e cómpre darlles unha segunda vida».
A xornada rematou cunha mesa redonda aberta ao público. Higinio Mougán, director xerente de AGACA, afirmou: «Aínda que o agro non é culpable do cambio climático, ás cooperativas gustaríanos dar unha resposta de sector, dende a economía circular e aplicando as prácticas atenuantes de emisións de gases.».
  





















































































   16   17   18   19   20