Page 20 - 147_interactivo.pdf
P. 20
20
caderno técnico
A Renovación no Rural Europeo e Galego
Eloi Villada Legaspi, SGPF Quico Ónega López, Laboratorio do Territorio USC
O mundo rural, pola rápida urbanización, a globalización económica e outros fenómenos ligados á demografía, ao cambio climático, ás mudanzas culturais etc., está pasando por unha fase de modificacións tan intensa que provoca desorientación e incerteza nos prin- cipais actores interesados na súa evolución a curto, medio e longo prazo, especialmente no referente ao futuro da alimentación da poboación, conservación do medio ambiente e renovación e/ou substitución na dirección, xestión e manexo das explotacións actuais ou das que se irán creando.
A crecente preocupación pola España baleira é unha evidencia máis da gravidade da situación. Estímase, segundo datos da COAG (Coordinadora de Organizacións de Agricul- tores e Gandeiros), que no Estado español serían necesarias 20.000 novas incorporacións anuais para manter o equilibrio necesario.
O caso galego é paradigmático por causa da rápida redución do número de explotacións, do elevado grao de abandono das activi- dades agrogandeiras, das mudanzas nos usos da terra ou do incremento das superficies fores- tais monoespecíficas que non implican unha vinculación permanente co territorio, sendo actividades extractivas, pouco respectuosas coa biodiversidade e con dúas tendencias claras e dispares: a eucaliptización e o aban- dono a matogueira etc.
O panorama galego é dos máis preocupantes, mesmo desolador, aínda que no resto de España e da Unión Europea a substitución xeracional á fronte das explotacións e a diminución da poboación no rural tamén son motivo de seria preocupación como indican as numerosas iniciativas da Unión Europea (UE) cara a deter esta sangría e promover un mundo rural atractivo para a xente nova.
En 2016, a EIP-AGRI (Asociación Europea de Innovación en Agricultura) creou un Grupo Focal denominado New Entrants into Farming, sobre as novas incorporacións á agricultura. O presente artigo baséase en gran medida no
Os debates sobre a situación e a proposta de medidas cara a atenuar o problema son frecuentes en numerosos foros. En 2016, a EIP-AGRI (Asociación Europea de Innovación en Agricultura) creou un Grupo Focal denomi- nado New Entrants into Farming, sobre as novas incorporacións á agricultura. O presente artigo baséase en gran medida no informe final do devandito Grupo Focal.
Situación demográfica nas explotacións agrarias europeas e galegas
A xente moza nas explotacións é cada vez máis escasa. Na UE, en 2016, había 10,3 millóns de persoas traballando como xerentes ou titulares de granxas cunha idade media elevada: case unha terceira parte (32%) tiñan 65 anos ou máis, só o 11% eran persoas novas, de menos de 40 anos. Porén, hai diferenzas importantes entre países da UE.
A mocidade é particularmente escasa sobre o total de titulares de explotacións: en Chipre (3,3%), Portugal (4,2%) e Reino Unido (5,3%). Pola contra, a mellor situación estase a dar en Austria (22,2 %), Polonia (20,3 %) e Eslovaquia (19,0 %).
informe final do devandito Grupo Focal.