Page 22 - 147_interactivo.pdf
P. 22
22
caderno técnico
No cadro no2 é significativa a situación de Galicia, que pasou de ser eminentemente agraria a ter unha poboación na que os titu- lares de explotación menores de 40 anos son só o 7,2%, menos da metade de Francia ou Alemaña.
Sinalar que os galegos novos xestionan o 14,4% da superficie e o 16,9% da produción total, o que parece indicar que as persoas mozas acadan un nivel de produtividade máis elevado.
Dentro da propia Comunidade as diferenzas entre comarcas son enormes, atopándonos con zonas moi avanzadas e outras cun consi- derable nivel de atraso.
1. Problemas asociados ao envellecemento da poboación agraria, especialmente titulares das explotacións
A existencia dun «problema de agricultores novos» (young farmer problem) en Europa está avalada por científicos e responsables políticos baseándose no recoñecemento xeralizado da baixa taxa de renovación do sector agrario na UE. A enquisa do ano 2013 sobre a estrutura agraria da UE indicaba que o 55,8% dos profe- sionais europeos da agricultura tiñan máis de 55 anos de idade, que o 31,4% eran maiores de 65 e que só o 6% eran menores de 35 anos.
Asúmese que a mocidade granxeira ten poten- cial para conducir un cambio estrutural no manexo das terras agrarias e,en xeral,no sector agrogandeiro, apoiándose en numerosos datos de investigacións. Zagata e Sutherland (2015) sinalan que as explotacións que son xestionadas por xóvenes agricultores, en xeral, están en mellores condicións económicas que as dirixidas por persoas maiores. A moci- dade está máis motivada economicamente (Van Passel 2017; Koteva et al. 2009): para ela, a explotación xera beneficios, pero non procedentes exclusivamente da produción de mercadorías, senón tamén a partir doutras actividades ligadas ao uso da terra.
O recoñecemento, por parte dos responsa- bles políticos, da importancia que ten que se acheguen agricultores e agricultoras novos foi promovido por políticas específicas da UE dirixidas a apoiar a súa incorporación: na reforma da PAC 2007-2013 incluíronse medidas dirixidas a favorecer novas incorporacións e
a reforma da PAC 2014-2020 continuou con elas. Estas medidas inclúen o pagamento para mozos e mozas agricultores novos do Piar I e a posta en marcha da axuda do Piar 2, cun investimento público estimado de 2,6 billóns de euros, coa expectativa de que 176.000 persoas gandeiras mozas recibiran fondos da PAC para o período, a maioría grazas ás axudas de primeira incorporación.
2. Barreiras/retos para substitución xeracional
A mocidade incorporada enfróntase a diversas barreiras cando pretende establecer e manter a súa explotación; as máis evidentes inclúen os elevados custos da posta en marcha, as dificultades da configuración dunha empresa agrícola economicamente viable, as limi- tacións ao acceso á terra e ao crédito e, en moitos casos, cunha formación insuficiente. Isto considérase que fai a incorporación pouco atractiva: ingresos baixos, horarios de traballo longos, poucas vacacións, vida en áreas rurais illadas e con moitas incertezas.
Varios autores sinalaron a falta de incentivos públicos efectivos para que os e as profesionais da agricultura maiores deixen a actividade, dificultando así a renovación; no caso galego, funcionou relativamente ben a xubilación anti- cipada a partir dos 55/60 anos, pero rematada esta posibilidade, a reforestación converteuse nunha alternativa habitual, barata e atractiva para moitas persoas maiores ou non tanto, que pechaban as explotacións. Esta opción foi a preferida, aínda que excesiva en moitas comarcas en fase de forte abandono nas que a demanda de terras é baixa e os prezos de venda ou aluguer tamén o son, resultando pouco atractivos para os propietarios de terras.
Outro aspecto a considerar é que hai moita propiedade perdida: as últimas estimacións oficiais indican que supera as 300.000 ha, máis do 10% da superficie do país. Xa ten aconte- cido no pasado coas «parcelas de desco- ñecidos» nas concentracións parcelarias. Na actualidade, o problema da propiedade descoñecida é aínda máis significativo porque está a medrar.
A polarización nos usos da terra en Galicia provocou un grao de abandono maior polos elevados prezos de venda e de aluguer en determinadas comarcas e porque noutras, onde predomina o minifundio, non se deron

