Page 23 - 147_interactivo.pdf
P. 23

procesos de concentración parcelaria. Nestas, en moitos casos, non é posible identificar aos propietarios porque as propiedades familiares ficaron sen partir entre varias xeracións de herdeiros posibles. Así, as vendas e cesións legais son inviables na práctica incluso para unha posible inscrición no Banco de Terras, o que afecta ás posibilidades de rexeneración produtiva das terras queimadas.
Estas barreiras deixan bastante claro que a vía máis común de acceso ás actividades agrogandeiras en Europa é a sucesión familiar. Outras alternativas para favorecer as incorpo- racións incluirían novas actividades como a adquisición das explotacións dos profesionais retirados ou unha asociación temporal cos mesmos. Será preciso estudar se poderían definirse ou concretarse como «Sucesión Extrafamiliar».
2.1 Acceso á terra
Nos casos estudados, o acceso á terra foi identificado como a barreira máis importante para as novas incorporacións na maioría dos estados membros.
A terra agrícola está incluída no «libre move- mento de capital» no mercado único europeo e, por tanto, aberta ao investimento interna- cional.A Comisión Europea está a desenvolver un proceso consultivo e de establecemento de boas prácticas cara á regulación do inves- timento foráneo en terras agrícolas. Hai países como Nova Zelandia que prohiben por lei a venda de terra aos estranxeiros, se cadra para evitar as compras masivas que as empresas chinesas están a facer por todo o mundo, especialmente en África.
Dificultades
√ A cantidade de terra de boa calidade dispoñible para comprar ou alugar de forma segura, especialmente en rexións próximas aos centros urbanos, pode ser difícil ao estar máis valorada por mor do estilo de vida ou do turismo que pola produción agrícola. Pode ser o caso de moitas comarcas de Galicia, nomeadamente áreas de montaña.
√ A terra dispoñible é demasiado cara para as novas incorporacións que carecen de recursos financeiros suficientes. Un caso altamente significativo é o dos Países Baixos
23 caderno técnico
(a terra é moi cara 60.000-90.000 euros/ha) onde, por mor da contaminación dos solos e das augas, non é posible incrementar nin unha cabeza de gando sen adquirir dereitos de emisión de fósforo a outros profesionais da agricultura ou gandería con marxe de emisión. Incluso se empeza a considerar a eliminación progresiva das producións gandeiras.
√ Os pagamentos directos da PAC incre- mentan os prezos da terra. En Galicia danse casos de arrendamentos de terras onde o prezo do aluguer equivale ás axudas que a persoa arrendadora percibía pola PAC e tamén que a persoa propietaria das terras, xa retirada, siga solicitando a PAC como titular dunha explotación que na práctica xa non existe. Este feito non incentiva a trans- ferencia de terras.
Os pagamentos da PAC baséanse na propiedade ou no acceso seguro á terra. Profesionais maiores da agrogandería seguen accedendo ás axudas como un complemento da pensión e rexeitan arrendar as súas terras por temor ao impacto futuro nos dereitos de pagamento. Considé- rase que o feito de desligar as axudas da PAC da produción favoreceu esta situación.
√ As dúbidas sobre o futuro das políticas da PAC supoñen un problema adicional. En determinados países, reformas lexislativas próximas provocan incertezas sobre a tenza a longo prazo; por tanto, as persoas propietarias prefiren manter a explotación contratando servizos agrícolas, antes que ceder a posesión das súas terras. Este é o caso de Escocia, aínda que existe un servizo que conecta propietarios e propietarias de granxas con persoas interesadas na entrada do sector agrario (Scottish Land Matching Service).
√ A terra tamén foi recoñecida como unha oportunidade de investimento interesante para nacionais e internacionais. Isto é parti- cularmente problemático na Europa do Este, onde profesionais da gandería e dos negocios da Europa do Oeste fixeron impor- tantes investimentos dificultando o acceso á terra para favorecer a explotación familiar agraria.
  No 147 Marzo 2020




















































































   21   22   23   24   25