Page 24 - 147_interactivo.pdf
P. 24

24
caderno técnico
2.2 Rendibilidade e competitividade
A mocidade incorporada na actividade agraria xeralmente dispón de menos recursos que as granxas comerciais existentes, a non ser que se trate dun individuo sucesor directo; resúltalle máis difícil competir pola terra, con outros profesionais xa asentados, con outros negocios e tamén polo traballo, especialmente nun contexto no que a carencia de man de obra é acusada para a maioría dos traballos manuais: nomeadamente cando é preciso manexar gando. Mesmo o duro traballo no forestal semella máis atractivo para deman- dantes de emprego.
As novas incorporacións tenden a xestionar explotacións máis pequenas; deben pelexar polo acceso aos inputs a prezos competi- tivos e cun volume de produción necesario para acadar economías de escala; cústalles abordar problemas, por non estaren afeitos ou careceren de experiencia suficiente e enfron- tarse á volatilidade dos prezos, tanto nos custos como nas vendas. Os grandes supermercados e outros compradores (o sistema de distribu- ción en xeral) traspasan cada vez máis os riscos de produción a estes profesionais.
 Os incrementos dos custos dos inputs agrícolas elevan as dificultades para acadar beneficios. Probablemente o enfoque da actividade vaia máis polos produtos de maior valor engadido e nos mercados nicho ou que requiran menos recursos para establecérense e altas marxes de beneficio. Este achado foi observado no Focus Group on New Entrants (2016). Por exemplo, en Escocia, a produción ovina está considerada como de baixo custo de iniciación.
Nun artigo anterior publicado polos autores deste artigo nesta mesma revista (COOPERA- CIÓN GALEGA No 132- Marzo 2017), o inicio de actividade gandeira con pequenos ruminantes (ovellas e cabras) tamén se considerou, para o caso galego, como de baixo investimento e alta capacidade de crecemento polo reducido custo dos animais, a súa rapidez de reprodución e a consolidación dun mercado próximo deficitario, algo que se demostrou real coa incorporación dun número significativo de persoas que se poden considerar novas rurais: incluso en dúas explotacións cooperativas do Morrazo (Meira, Hío), que perderan case toda as actividades agrogandeiras nos anos 80 do século pasado.
A cría de porcos ao aire libre, especialmente porco celta, pode considerarse tamén como unha actividade de baixo risco cando vai asociada a superficies importantes de montes arborados como acontece en explotacións do Incio, Friol e outras de Galicia. Pola contra, en países do este como Bulgaria, o mesmo Grupo Focal considerou a produción gandeira como actividade de elevado custo.
A baixa rendibilidade actúa como unha barreira para a incorporación de novos activos: queixas dos horarios, carencia de man de obra, fins de semana de traballo, «prezos de hai 20 anos»... Máis convén ter en conta as vantaxes de vivir no rural e que case nunca se citan: a calidade de vida nun medio máis tranquilo e barato, ser o teu propio xefe, as actividades ao aire libre, a calidade da educación dos fillos, a seguridade etc.
Este problema é menor nalgúns países onde os novos activos son fundamen- talmente sucesores de granxas con bos resultados económicos (República Checa) e onde os granxeiros gozan dun
 No caso galego, a dificultade do acceso á terra é diferente segundo a zona: a de boa calidade é cara tanto para compra como para aluguer nas zonas ou concellos fortemente especializados na produción de leite: Pastoriza, Castro de Rei, Pol, Mazaricos, Santa Comba, Silleda etc.
É doado dispoñer de terra no Macizo Central de Ourense en xeral, nas zonas onde pechan as explotacións máis tradicionais e tamén nas áreas con grandes superficies de Montes Veciñais en Man Común (montañas orientais e do norte de Lugo, montañas de Ourense e amplas zonas da provincia de Pontevedra).
Polo abandono xeralizado, a demanda de terras está a ser moi escasa, porén, convén resaltar o interese mostrado por importantes adegas españolas na adquisición de terras nas zonas vitícolas de Galicia, en boa medida estimuladas polas perspectivas xeradas polo cambio climático, previsións que prognostican que Galicia será moito menos afectada polo estrés hídrico severo que se prevé para a península ibérica de cara aos vindeiros anos.






















































































   22   23   24   25   26