Page 26 - 147_interactivo.pdf
P. 26

26
caderno técnico
alto nivel de consideración social (Reino Unido, Francia).
En ocasións, a mocidade incorporada tamén traballa fóra da explotación para poder manter os ingresos familiares e xerar capital para investir na propia granxa reducindo así o tempo dispoñible para desenvolver o propio negocio, o que tamén se pode identificar como un problema.
O acceso á vivenda foi cualificado como unha dificultade en Escocia. Aínda que tradicionalmente as granxas deste país inclúen polo menos unha casa, as novas propiedades para compra e venda de terras non inclúen edificios, especialmente nas áreas de maior produtividade. Isto acontece porque as casas véndense ou alúganse separadamente a outros residentes rurais, visitantes urbanos ou turismo, o que probablemente se debe á tendencia a vivir no rural por parte de profesio- nais non agrarios.
A vivenda representa un custo adicional, o que provoca que a operación de instalarse no rural sexa menos rendible. O caso galego é ben diferente, xa que hai moitas vivendas rurais deshabitadas con diferente grao de conservación e de habitabilidade. Aínda así, nas zonas produtoras de leite ou forestais con alta demanda de man de obra estranxeira hai verdadeiros problemas para dispor de vivendas axeitadas e suficientes.
Os apoios actuais abordan a competitividade e a rendibilidade mediante o incremento dos recursos ás incorporacións de mozas e mozos agricultores.
2.3 Acceso ao financiamento
Os novos activos adoitan ter dificultade para acceder ao financiamento a través de bancos ou outros programas de crédito debido á carencia de bens de capital para utilizalos como garantía. Esta barreira está estreitamente vinculada coa competitividade. No entanto, hai exemplos en Irlanda onde os bancos están tendo en conta os programas de axudas cando as novas incorporacións solicitan prés- tamos. Na actualidade os bancos están inte- resados en dar empréstitos aos seus clientes, o que non está tan claro é en que medida están dispostos a correr riscos coa mocidade acabada de incorporarse, non propietaria.
En Irlanda, os bancos están tendo en conta os programas de axudas cando as novas incorporacións solicitan préstamos
Niveis baixos de rendibilidade, especialmente nos primeiros anos de desenvolvemento da granxa, dificultan devolver os préstamos. No caso búlgaro, a falta de confianza nas compa- ñías de seguros e o elevado custo destes foron identificados como problemas.
Hai algunhas suxestións cara a reducir os riscos financeiros: subsidiando seguros, pagamentos flexibles, medidas fiscais etc. A realidade é que a UE pretende reducir o orzamento para a PAC arredor dun 14%. A clave estará en que as axudas se conserven para as pequenas e medianas explotacións fronte aos grandes perceptores actuais das axudas PAC e tamén para as zonas con dificultades especiais nas que Galicia debería aspirar a xogar un papel importante.
2.4 Desenvolvemento de habilidades
Nunha reunión en Bulgaria, os participantes do Focus Group identificaron a necesidade da formación de emprendedores e das habi- lidades de xestión de riscos. Ademais, a falta de información sobre a situación do mercado reduce a capacidade da mocidade agricul- tora para responder rápida e apropiadamente ás tendencias do mesmo.
A carencia de habilidades administra- tivas para xestionar as solicitudes de axudas e subvencións foi identificada como unha barreira
A carencia de habilidades administrativas asociadas para xestionar as solicitudes de axudas e subvencións identificouse como unha barreira. En Francia están contratando servizos externos de asesoramento co fin de evitar perdas de axudas,algo semellante acon- tece aquí, pero isto ten custos. En Portugal, a complexidade das solicitudes percíbese como un problema importante. Na República de Irlanda, a falta de habilidade para tratar coas entidades financeiras tamén foi considerada un problema.
 


















































































   24   25   26   27   28