Page 28 - 147_interactivo.pdf
P. 28
28
caderno técnico
Francia
En Francia, o número de titulares de explota- cións agrícolas menores de 35 anos diminuíu un 35%; o de menores de 45 anos, un 21%; entre 45-50 anos mantívose estable; o de 55-64 anos aumentou un 3% e o de máis de 65 anos incrementouse nun 14%.
Existen grandes desafíos nun contexto econó- mico desfavorable porque unha parte crecente de titulares de explotacións ten máis de 50 anos. É imprescindible favorecer as oportuni- dades para instalar na vindeira década unha grande diversidade de sistemas de produción. Hai tres opcións básicas:
√ Maior reestruturación, con moitas menos explotacións pero máis grandes.
√ Redución dos volumes de produción.
√ Aumento das incorporacións.
Existen dispositivos de asistencia e incorpora- ción a nivel de departamento que se poden resumir en:
√ Puntos «info-instalación», para apoiar ao líder do proxecto mediante un xerente de proxectos.
√ Directorio de «saída-instalación» co obxec- tivo de poñer en contacto aos futuros vendedores ou operadores que buscan persoas socias.
√ Os centros de desenvolvemento dos plans de profesionalización personalizada (PPP).
√ A posta en marcha do Plan de Negocio.
√ O seguimento post-instalación co obxectivo de analizar o progreso técnico económico, pero tamén o nivel humano (relación cos socios, habitabilidade etc).
Irlanda
En Irlanda, no propio TEAGASC o Centro de investigación e innovación animal e de pastos (Animal and Grassland Research and Innovation Centre) promove «The Share Farming Arrangement» («Acordo sobre granxas compartidas»): unha estrutura de
colaboración, moi popular en Nova Zelandia, na que arredor do 30% das 12.000 granxas de leite funcionan cun modelo de explotación compartida. Irlanda continúa moi interesada en manter o seu potente sector leiteiro e, por tanto, debe tomar medidas efectivas para ter éxito na substitución xeracional.
O principio fundamental deste modelo irlandés é que a persoa propietaria da granxa achega terra e a infraestrutura (sala de muxir, cortes, almacéns etc.) para a produción de leite; a asociada faino con parte ou todo o gando, co traballo e será responsable da xestión da explotación. Calquera das partes contribúe coa maquinaria. Algúns custos poden ser repartidos e outros non. Na maioría das casos, este proceso pode establecerse por períodos de tempo ata comprobar se a asociación é viable ou non.
O modelo de relación comercial e contractual entre propiedade e asociado/a está dispoñible na páxina web do TEAGASC. Neste organismo público existe un departamento para facilitar a asociación de granxeiros e granxeiras vellos e novos. Tamén existe o Land Mobility Service (Servizo de Mobilidade da Terras) que entre 2013 e 2016 superou con éxito, a transferencia de uso de máis de 25.000 acres (aproximada- mente, 10.100 ha)
Austria
Austria,o país con mellor porcentaxe de persoas novas no sector agrario, viuse na necesidade de crear un mecanismo de sucesión esta- blecendo unha «unha colaboración agraria multixeracional», que pode reunir agricultores ou granxeiros maiores sen sucesión con mozos e mozas que aspiran a ter unha explotación e buscan oportunidades no sector agrario.
O caso austríaco é digno de ser tido en consideración en Galicia
OBV-vía campesiña Austria é o que puxo en marcha o «Servizo de asesoramento para a sucesión extrafamiliar». Os primeiros contactos entre os protagonistas para o acceso ás granxas comezaron en 2015, contribuíron varias cámaras oficiais de agricultura de diversas provincias (non todas). No primeiro