Page 27 - 147_interactivo.pdf
P. 27

A realidade é que cada vez que na reforma da PAC se propoñen medidas para acadar unha simplificación administrativa, os resultados raramente son os esperados.
2.5. Outras cuestións
O cambio climático
Identificouse como un problema, especial- mente nos países onde se percibe un aumento das secas e dos riscos relacionados coas catástrofes naturais. Prevese que o cambio climático provoque un incremento dos custos de produción, especialización das explota- cións, aumento de desperdicios e migración laboral.
Posibilidades de apoio público
Fischer e Burton (2014) argumentan que o curso da sucesión nas granxas depende prin- cipalmente da dinámica interna destas. Unha rotación xeracional con éxito non depende só dos factores considerados axeitados, como tamaño da explotación ou rendibilidade, senón tamén, do desenvolvemento endóxeno da explotación e das relacións sociais dentro da familia, do nivel educativo, acceso a outros traballos etc.
As intervencións políticas e outros factores externos teñen impacto pero a súa influencia pode ser relativamente baixa comparada cos factores endóxenos relacionados co paso da explotación a un membro da nova xeración, dentro da familia ou non.
Apoios da PAC á incorporación
O regulamento da UE no 1305/2013 en apoio dos Programas de Desenvolvemento Rural (PDR) está sendo implementado por 28 estados membros en 118 PDR para o período 2014-2020; existen 21 programas nacionais e 98 rexionais.
Hai seis rexións nas que a prioridade 2B ten unha cota de máis do 10% do orzamento total do PDR e non hai características comúns obvias entre estas rexións (Bretaña, Finlandia continental, Navarra, Emilia-Romagna, Flan- dres e Borgoña), nas que se dá unha clara preferencia no favorecemento da entrada de agricultores e agricultoras mozas. Catro destas
27 caderno técnico
rexións tamén exhiben un nivel de reparto moi elevado (entre o 40 e o 70%) do P2B do orzamento total asignado á prioridade 2, que pretende mellorar a viabilidade das explota- cións e a súa competitividade. Pola contra, hai nove rexións nas que se paga moi pouco ou non se ten en consideración á mocidade agricultora. A este grupo débense engadir varios estados federados (Länder) alemáns.
2.6 Países con máis éxito na incorporación de mocidade
Cando a explotación non pasa de proxenitores a fillos, fillas ou outros familiares, pódeselle chamar sucesión extra-familiar. Algúns autores como Ingram e Kirwan (2011) consideran que este tipo de transmisión pode contribuír a un emerxer do campesiñado e estase a facilitar en distintas zonas europeas como o caso de Escocia.
O Scottish Land Matching Service (Servizo Escocés de Intermediación de Terras) tenta axudar a reestruturar o sector agropecuario («a industria», no argot británico), para alentar ás persoas mozas a entrar no sector agrogan- deiro, impulsando novas ideas e habilidades, conectando xente, buscando e ofrecendo oportunidades e proporcionando un servizo para facilitar arranxos viables. É un servizo confi- dencial que permitirá facer visibles diferentes opcións e axudar a acordos entre granxeiros e granxeiras con interese en arrendar a longo prazo e/ou acordos de colaboración como asociados, compartindo o manexo coas vindeiras xeracións afanosas por progresar no sector.
Esta iniciativa ofrece unha plataforma para que profesionais en activo e sen sucesión establezan contactos con aspirantes novos.Así, traballando xuntos poden desenvolver plans operacionais e financeiros a longo prazo,desta- cando as vantaxes dos proxectos conxuntos para mellorar as economías de escala, a viabi- lidade das explotacións, o traballo e a vida familiar e social. Tamén se favorece a mellora do medio ambiente, a redución do estrés (grazas a decisións compartidas), un uso máis eficiente dos custos fixos, da formación e das novas ideas aproveitando a riqueza das expe- riencias e coñecementos adquiridos ao longo de moitos anos.
  No 145 Outubro 2019


















































































   25   26   27   28   29