Page 30 - 147_interactivo.pdf
P. 30
30
caderno técnico
ano só significou o 1,3% do total e transferiu información entre granxeiros de 55 a 92 anos e os solicitantes foron xeralmente parellas sen fillos de, entre 26 e 46 anos.
Andreas Kluger do Österreichische Jungbau- ernschaft (Xuventude Agricultora de Austria) explica que Austria é un pais montañoso polo que as grandes explotacións agrícolas son relativamente escasas e non compran grandes extensións de terra e os prezos son relativa- mente baixos, o que permite que a xente nova teña máis posibilidades de comezar nunha granxa.
A pesar da insuficiencia orzamentaria, a partir de 2014 fíxose máis doado alugar ou mercar granxas a persoas sen sucesión contribuíndo,
estas políticas, a activar novas persoas agricul- toras.Para os maiores (os cedentes),a sucesión supón a saída da agricultura coa posibilidade de continuar na súa propia granxa, mentres que para a nova xeración supón o inicio da actividade como granxeiro ou granxeira. Ao mesmo tempo, ás distintas xeracións gustara- lles asegurar o seu benestar na explotación, garantindo a súa continuidade.
A propia saúde, a redución progresiva de acti- vidades ou observar o deterioro da explotación poden estimular o proceso de sucesión que mesmo se pode ensaiar varias veces; pode ser un movemento circular ata atopar un sucesor axeitado. Montañas, pequenas propiedades, minifundio, agricultores de idade avanzada, deterioro da saúde etc., son circunstancias
Cadro no 3. Evolución das incorporacións de mozos/as á agricultura en Galicia 2016-2019
Ano no Incor Axuda €/Inc
2016 618 24.325.500 39.362
2017 466 14.920.000 32.017
2018 382 13.027.500 34.103
2019 356 12.418.000 34.882
Total
1.822
64.691.000
Evolución das incorporacións de mozos/as á agricultura en Galicia 2017-2019