Page 31 - 147_interactivo.pdf
P. 31

habituais para os galegos. Seguramente o caso austríaco é digno de ser tido en conside- ración en Galicia.
2.6 Galicia. Apoios ás pequenas explota- cións. Incorporación de novos activos. Financiamento público
Os datos publicados pola Consellería do Medio Rural referentes a 2016, 2017, 2018 e 2019 reflicten tendencias claras, dentro da variabili- dade lóxica ligada á proximidade do inicio e remate do PDR en vigor e á dispoñibilidade de recursos económicos:
No cadro no 3 móstrase o número de incor- poracións no período 2016/2019: foron moi elevadas en 2016 (inicio de aplicación do PDR) e logo foron decaendo (un 24% entre 2017 e 2019), tanto en número como en inves- timento total, porén, incrementouse un 9% o investimento por solicitude.
A maior porcentaxe de axudas foi para as provincias de Lugo e da Coruña, moi lonxe das de Ourense e Pontevedra.Todas as solicitudes de incorporación que cumprían as condicións foron aprobadas, o que indica que houbo unha discriminación positiva en favor da mocidade que se incorporaba á actividade. Mais é insuficiente, precísanse outras medidas complementarias para atraer xente moza ao rural, tanto a nivel familiar como extrafamiliar.
Non todo está perdido
Cómpre resaltar casos sorprendentes: na península do Morrazo (Pontevedra), os comu- neiros do Monte Veciñal en Man Común de Meira (Moaña), despois dun longo traballo de información e formación, introduciron con éxito na súa masa forestal de case 500 ha un rabaño de cabras para controlar a vexetación espontánea do sotobosque e así afastar o perigo de incendios.
En Hío (Aldán, Cangas do Morrazo), un grupo de mozos/as creou unha cooperativa que está a recuperar o pastoreo con cabras en terreos que foran cultivados ata os anos 80 do século pasado e hoxe están abandonados e inva- didos por toxo. Son persoas con capacidade para reiniciar tamén actividades deste tipo noutros lugares en situación similar.
31 caderno técnico
Na 7a Reunión de Outono da SGPF (Sociedade Galega de Pastos e Forraxes), que tivo lugar en Lourizán (Pontevedra), apareceron casos similares ligados á actividade gandeira e facilitados pola dispoñibilidade de terras que ninguén aproveitaba, como é o caso da comunidade de Pinzás (Tomiño) con vacas cachenas.
Na provincia de Ourense son significativos os casos de incorporación extrafamiliar en Viana do Bolo e de dous rapaces valencianos en Vilariño de Conso, atopándose bastantes máis por toda a xeografía galega, que deberían ser auxiliados fundamentalmente dende o punto de vista do asesoramento e seguimento dos resultados a nivel económico e social.
A pesar da existencia destas situacións favora- bles e esperanzadoras, a realidade é moi preo- cupante tamén para os sectores produtivos tradicionalmente máis avanzados como o do leite ou o da carne de vacún.
O sector leiteiro galego, o máis importante en Galicia e mesmo en España, pasou en 2019, de 7504 granxas a 7147 (357 explotacións menos) pero, como no caso francés, a produ- ción mantívose.
Un exemplo positivo é o da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña: alén de xestionar as súas propias granxas en Pontedeume e San Sadurniño está a desenvolver un interesante labor de asistencia técnica e xestión en 60 explotacións de leite das provincias da Coruña e Lugo, implicando fundamentalmente a granxas con xente nova, que probablemente terían pechado de non ter esta asistencia.
Sería conveniente explorar outro tipo de producións agrícolas diferentes da gandería tradicional en Galicia; por exemplo, recuperar a produción de cereais podería ser unha alternativa ou complemento interesante, especialmente agora que para elaborar pan galego vai ser necesario producir máis trigo aquí a partir das variedades locais acredi- tadas (Callobre, Caaveiro) e das pendentes de declarar (Riotorto, Arzúa...).
  No 147 Marzo 2020



















































































   29   30   31   32   33