Page 32 - 147_interactivo.pdf
P. 32
32
caderno técnico
Conclusións
Atenuar o problema da substitución xeracional no rural precisará da aplicación de variadas e complexas medidas tanto públicas como privadas. O número de explotacións seguirá a baixar e a transmisión familiar seguirá sendo a vía principal, porén, os datos demográficos amosan que será insuficiente para manter as actividades no rural a medio prazo, e por tanto, cómpre tomar medidas para favorecer tamén, a sucesión extrafamiliar, considerando os retos específicos asociados e aproveitando a experiencia doutros países.
Os retos que afrontamos, en particular na agri- cultura, fan crítico que as novas incorporacións teñan un nivel de formación axeitado, superior á media actual das explotacións. Neste senso, é positiva a tendencia observada nos últimos anos de incorporación ao sector de persoas con niveis formativos medios ou superiores. Cabe reflexionar, por tanto, sobre o sistema e modelos de formación agraria actuais e asegurarnos de que responden a este novo contexto, tanto en niveis de esixencia, coma en contidos e formatos. A nivel da UE estanse a desenvolver conceptos interesantes como o das estancias e intercambios entre explo- tacións (por exemplo, o Erasmus agrario), a aprendizaxe entre agricultores, as granxas demostrativas ou a concepción e impulso de sistemas integrais rexionais de coñecemento e innovación agrarios.
Hai un gran potencial en persoas maiores de 40 anos, con experiencia de traballo, que poderían reincorporarse con éxito ás
explotacións
Os novos activos non teñen que ser exclu- sivamente mozos e mozas, hai un grande potencial en persoas maiores de 40 anos, con experiencia de traballo, que poderían reincor- porarse con éxito ás explotacións. Cómpre telas en conta á hora da participación nas axudas ligadas á PAC.
Estes sistemas teñen diferentes modelos en Europa pero normalmente resultan da acción pública ou semipública simultánea ou complementaria, en colaboración co sector privado: dende a formación regrada clásica
—en continua adaptación ás demandas das explotacións— ata as reunións, visitas, inter- cambios, conexión permanente cos centros de investigación (como o CIAM e outros centros da Consellería, Universidades, Centros Tecno- lóxicos), o impulso de plataformas dixitais para acceso a información e coñecemento, o inter- cambio entre agricultores e incluso mediante influencers cara a mellorar o prestixio da vida no rural, resaltando as súas vantaxes e non ocultando as súas dificultades; neste último aspecto, xerar unha percepción sobre as acti- vidades agrogandeiras positiva e atractiva é, a bo seguro, crítico.
É imprescindible facilitar o acceso á terra ou ás explotacións adaptándose ás particularidades do tipo de incorporación e de cedente, por exemplo coa creación dun banco de explo- tacións e/ou servizos públicos de mediación entre propietarios e potenciais sucesores.
É preciso combinar marcos institucionais claros e efectivos cun operativo pegado ao campo e moi preto dos protagonistas particulares de cada experiencia de sucesión. A flexibilidade será logo importante para acomodar as dife- rentes situacións.
Tamén cómpre revisar o sistema de tributación das explotacións agrarias, especialmente das sociedades e no referente á súa onerosa disolución actual, en liña cos avances que en materia de tributación se teñen producido hai pouco, a nivel estatal.
Todos estes aspectos terán maior impacto de facérense dun xeito integral, con programas deseñados e aplicados de forma conxunta. Un portelo único para as novas incorporacións, con apoio e guiado personalizado.
Cómpre actuar xa, pero tamén pensar a medio e longo prazo. Se o proceso de aban- dono e deterioro tivo lugar ao longo de varias décadas, mudar a situación vai esixir tamén un longo período de tempo. Canto antes se actúe, máis curto será.
EIP-AGRI Focus Group/New Entrants into farming: Lessons to foster innovation and entre- preneurship/final report/3 May 2016.