Page 6 - 147_interactivo.pdf
P. 6

6 a fondo
Medidas para combater o coronavirus
  Avisou que estaba chegando pero non eramos conscientes da dimensión que ía alcanzar. O coronavirus, COVID-19, sacudiunos a todos dun xeito imprevisible, fíxonos cambiar os hábitos e a rutina, a nosa vida social, a familiar e,como non, a profesional.
Cada día que pasa, mudan os datos de contaxios e das incidencias nas empresas; calquera cifra susceptible de ser incluída quedaría obsoleta en poucos días. Oxalá, cando saia este artigo, as novas sexan máis positivas. De momento, imos facer un repaso da realidade que están a vivir neste mes de marzo as nosas cooperativas e compilar información de utilidade para, entre todos, lograr erradicar este inimigo tan fatal.
Subsectores
Leite e derivados. Nos días previos ao confi- namento, deuse un marcado incremento nos pedidos, consecuencia do afán de aprovisiona- mento de alimentos por parte da cidadanía. Na segunda semana de reclusión apréciase unha tendencia á moderación, notándose a necesi- dade de derivar máis leite líquido para envasar.
Carne (porcino, aves, coello, vacún). Detéñense os pedidos internacionais para abastecer os nosos mercados e nótase unha baixada nas cantidades destinadas á hostalería.
Froitas e hortalizas. Está a pasar por unha situa- ción similar á do leite.
Fábricas de penso. Percíbese un lixeiro incre- mento da demanda. O traballo das fábricas continúa con normalidade, sen problemas de loxística en porto nin carencia de materias primas.
Viño. As bodegas están preocupadas polo peche do canal HORECA; hai tamén preocupación polas dificultades de comercialización. Sector pesimista no que se están estudando medidas de redución de gastos.
Subministracións. Situación normalizada, en xeral, nos almacéns, ferraxerías agrícolas e economatos, aínda que estes deberon adoptar medidas de control de acceso e de protección dos empregados. Nas fins de semana, apréciase un incremento alto nas vendas, con rotura de stock. As seccións de crédito funcionan con normalidade.
 























































































   4   5   6   7   8