Page 7 - 147_interactivo.pdf
P. 7
7
Servizos agrícolas e gandeiros. Situacións dispares. O LIGAL reduciu o número das analíticas do leite por cambios no protocolo. Os servizos veterinarios, con incertezas ao principio, tenden á normalidade. Os servizos de maquinaria e CUMA, sen incidencias.
Mercados gandeiros. O peche destes mercados, só en Galicia, bloquea semanalmente a circu- lación e vendas de preto de 10.000 tenreiros, o que provoca preocupación nos gandeiros e gandeiras.
O certo é que esta crise está a afectar en moitos aspectos ás actividades cotiás das cooperativas como a tramitación de axudas, cuestións xudi- ciais, económicas, adaptación ao teletraballo ou cambios nos xeitos de traballar.
Obviamente, a profesión agrogandeira non admite o teletraballo e non pode paralizarse porque é indispensable para subsistir, polo que cultivos e animais deben seguir funcionando a pleno rendemento, aínda que adoptando as máximas precaucións.
CORONAVIRUS
Este virus transmítese de persoa a persoa vía respiratoria, a través da tose e dos esbirros e tamén a través das mans, por contacto directo coas secrecións das persoas infectadas.
Hixiene persoal e illamento son, ata este momento, as medidas de protección máis efectivas.
Protocolos a seguir:
Explotacións agrícolas e gandeiras
Como empresas deben implantar as normas e recomendacións indicadas polas Autoridades e ter previstos plans de continxencia ante posibles casos de baixas por enfermidade ou procesos de corentena.
Ao igual que o resto da poboación, é preciso manter o mínimo contacto con terceiras persoas e, fóra do traballo, respectar o illamento e despra- zarse de xeito individual.
Controlar os accesos: Comprobar que o persoal non ten tose, febre, problemas respiratorios etc. Antes de entrar, hai que tomar a temperatura e non dar máis de 37,5oC. De superar estes graos, débese avisar, non ir traballar e autoillarse ata curarse, informando aos servizos médicos.
a fondo
Campañas e incorporacións novas: Comprobar o lugar de orixe da persoa nova por se se trata dunha poboación especialmente afectada e, se tivo contacto con alguén afectado directamente, non entrar a traballar.
Persoas alto risco: Adoptar as medidas de prevención e control para garantir a saúde das persoas consideradas de máis alto risco (diabé- ticos, enfermidades respiratorias...).
Acceso do persoal externo: O acceso limitarase ao persoal imprescindible para manter a activi- dade e só naquelas áreas onde sexa necesaria a súa persoa.
Hixiene en persoas
• Ao tusir, cubrir ben a boca e o nariz, co cóbado ou cun pano rexeitable que non debe gardarse.
• Lavar as mans moi a miúdo con auga e xabón ou cunha solución específica e sempre despois de esbirrar, tusir ou soar o nariz.
• Levar as uñas ben recortadas e limpas. Evitar empregar aneis, pulseiras, reloxos de pulseira ou outros adornos, xa que poden impedir un correcto lavado das mans.
No 147 Marzo 2020