Page 24 - Demo
P. 24

24
caderno técnico
Obxectivos estratéxicos
Sen facer referencia aos obxectivos xerais, por consideralos repetitivos do xa exposto, transcribi- mos os obxectivos estratéxicos:
• Proxectar un modelo de monte que garanta a súa sustentabilidade e sirva de referencia no futuro para organizar adecuadamente a distribución do espazo forestal galego.
• Mellorar a contribución do monte galego á conser- vación da natureza, á biodiversidade e ao patrimo- nio natural galego e dos recursos xenéticos forestais, así como a prestación doutros servizos ambientais relacionados co cambio climático e as enerxías re- novables.
• Procurar a adecuada saúde, vitalidade, protección, seguridade e defensa do monte ante riscos naturais e ambientais que lles ameazan, provocados por pro- cesos erosivos e hidrolóxicos, incendios, enfermida- des e pragas forestais.
• Favorecer o desenvolvemento socioeconómico sustentable do monte e a propiedade forestal ga- lega para a súa incorporación á economía verde, incrementando a eficiencia da produción forestal e fomentando unha cultura forestal asociativa que facilite a mobilización de terras e recursos forestais inmobilizados.
•Promover o adecuado desenvolvemento e mellora do coñecemento e da cultura forestal galega, favo- recendo o acceso público á información forestal, a divulgación e comunicación da cultura forestal, a educación, formación e capacitación forestal, así
como a investigación, innovación desenvolvemento tecnolóxico e emprendemento forestal.
• Deseñar un modelo de goberno do monte gale- go que dispoña dos instrumentos necesarios para garantir o exercicio da ordenación e xestión forestal sustentable, dispoñendo o adecuado marco norma- tivo e administrativo, e a colaboración institucional e sectorial adecuadas para a súa conservación e desenvolvemento sustentable.
• A consecución destes obxectivos estratéxicos efec- tuarase mediante os correspondentes eixes estraté- xicos de intervención que conforman e articulan a estrutura da 1a Revisión do Plan Forestal de Galicia.
Obxectivos programáticos
Para mellorar a contribución do monte galego á conservación da natureza e á prestación doutros servizos ambientais, preténdense lograr os seguin- tes obxectivos programáticos:
• Procurar unha adecuada conservación e mellora da biodiversidade e a multifuncionalidade do monte galego como hábitat forestal.
• Consolidar e mellorar a contribución do monte ga- lego á mitigación do cambio climático e ao desen- volvemento de enerxías renovables.
• Garantir a conservación e mellora dos recursos xe- néticos forestais do monte galego.
Para procurar a adecuada saúde, vitalidade, pro- tección, seguridade e defensa do monte galego, preténdense lograr os seguintes obxectivos:
  
















































































   22   23   24   25   26