Page 23 - Demo
P. 23

      ambientais e sociais que proporciona o monte e a propiedade forestal en beneficio da sociedade.
• Escenario de riscos naturais e ambientais que ameazan aos montes de Galicia, proporcionando unha análise, diagnóstico e prognóstico sobre:
- O papel protector dos bosques ante os riscos erosi- vos e hidrolóxicos onde, en función dos factores máis significativos do medio físico galego, se analizan: a función ambiental da cobertura forestal para a con- servación e protección do solo, a regulación do ré- xime hidrolóxico para evitar o desenvolvemento de procesos erosivos de degradación do solo e da cu- berta vexetal e a redución do risco de inundacións.
- O estado de saúde do monte galego que contem- pla as principais ameazas, problemas e riscos fitosa- nitarios de axentes patóxenos que afectan ás masas forestais de Galicia.
- O problema e o perigo dos incendios forestais.Ana- liza os riscos e causas que os orixinan.
23
caderno técnico
• A estrutura, distribución e dimensións da propieda- de forestal galega segundo a súa titularidade, réxi- me xurídico e administrativo.
• O escenario socioeconómico do monte e do sec- tor forestal en Galicia onde se describe a produción e contribución do sector forestal galego á activida- de económica e o emprego. Cadea monte- indus- tria: empresas e industrias forestais.
• Avaliación do grao de cumprimento do Plan Fores- tal de Galicia (1992) vixente e desenvolvemento do modelo de monte previsto.
Ámbito territorial e competencias
Comprende o conxunto do territorio forestal galego, con carácter sectorial en materia de política forestal. As competencias correspóndelle á Dirección Xeral de Ordenación Forestal no marco da estrutura orgá- nica da Consellaría do Medio Rural.
Á Dirección Xeral de Ordenación Forestal correspón- delle a ordenación e xestión dos montes propieda- de da Comunidade Autónoma, dos montes cata- logados de utilidade pública e dos montes ao seu cargo suxeitos a contratos administrativos de xestión pública, así como á tutela administrativa dos demais montes públicos ou privados, de conformidade co disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, en materia de ordenación e xestión forestal sustentable, silvicultura, repoboacións e aproveita- mentos forestais.
En definitiva, o ámbito da competencia da 1a Revi- sión do Plan Forestal de Galicia circunscríbese ao monte no que se refire ao aproveitamento, uso e xestión dos recursos forestais. Non será da súa com- petencia o valor engadido que se estende dende o monte pola cadea cara a industria de transforma- ción dos produtos forestais.
Ao meu parecer non se debería establecer unha disociación tan determinante entre a Xestión dos re- cursos forestais e as industrias de transformación e empresas privadas de servizos. Este enfoque parece contradicir un dos obxectivos xerais da revisión do PFG:
“Implicar ás empresas privadas e á industria forestal de Galicia no fomento e no financiamento necesa- rio para a activación da política forestal galega, na organización e o apoio da propiedade forestal para mellorar a produción, a protección e a seguridade do monte para satisfacer as necesidades que non son cubertas con fondos públicos”.
 No137 - Marzo 2018
 

















































































   21   22   23   24   25