Page 22 - Demo
P. 22
22
caderno técnico
• AT19. Marco normativo: representatividade sectorial. O documento tamén establecía unha serie de reco- mendacións relativas ao seguimento da redacción do Plan e da súa aprobación. Recolle os votos par- ticulares ás directrices, emitidos durante a elabora- ción do documento.
Documento previo
A lei galega de ordenación do territorio require ela- borar un avance do PFG revisado. O documento da proposta adiantaba a seguinte estrutura:
• Fundamentos e referentes de política e planifica- ción forestal estratéxica no ámbito internacional, na- cional e autonómico.
• Principios fundamentais e criterios básicos orienta- dores da política forestal galega que sexa integral e sustentable, lexítima, transparente e eficaz: planifica- da, acordada, comprometida e verificable.
• Concepción e finalidade da 1a Revisión do Plan Fo- restal de Galicia.
• Obxectivos xerais da política forestal galega. Obxec- tivos estratéxicos e programáticos do PFG revisado. Modelo de goberno da política forestal galega: re- ferentes normativos, facultativos, técnicos e instru- mentais para a ordenación e xestión sustentable dos espazos e recursos forestais. Desenvolvemento territo- rial mediante os Plans de Ordenación dos Recursos Forestais (PORF) de distrito. Modelo de referencia do monte galego.
• Estrutura e configuración da 1a Revisión do PFG: articula as iniciativas, medidas e accións propostas, conforme aos eixes estratéxicos de intervención, ins- trumentos de execución e programas temáticos de actuacións previstos.
• Vixencia da 1a Revisión do PFG. Programación de prioridades, períodos e prazos.
• Programación orzamentaria e liñas de financia- mento.
• Criterios e indicadores estratéxicos de avaliación e seguimento.
Análises e diagnósticos
Para elaborar a revisión do PFG, a lei galega de mon- tes require avaliar a situación do monte. A Dirección Xeral de Ordenación Forestal presentou unha análise e diagnóstico técnico do monte e do sector forestal, onde tamén se analizaba o grao de cumprimento
dos obxectivos previstos no Plan de 1992. Os docu- mentos xerados como estudio previo conteñen os seguintes contidos:
• Escenario forestal do monte galego que describe a evolución e transformación histórica da paisaxe forestal galega, como antesala para a caracterizar a evolución, estado actual e tendencias dos espazos e recursos forestais de Galicia analizada e interpreta- da a partir dos datos rexistrados nos catro inventarios forestais nacionais sucesivos realizados en Galicia dende 1973 a 2009. (Ter como documento de análi- se o 4o Inventario Forestal, con case 10 anos de anti- güidade, é unha eiva para reflectir a situación actual do monte. Nese documento non se cuantificaban as plantacións de Eucalyptus Nitens)
• Escenario natural do monte galego, que inclúe as análises e diagnósticos pertinentes sobre biodiver- sidade e hábitats forestais como contribución dos espazos forestais protexidos á conservación do pa- trimonio natural de Galicia, así como sobre a súa multifuncionalidade, que contempla outros servizos