Page 21 - Demo
P. 21
avaliación ambiental; debe someterse ao procede- mento que decida o órgano ambiental competente na Comunidade Autónoma.
O procedemento administrativo de tramitación dun programa coordinado de actuación e do seu siste- ma de avaliación ambiental estratéxica ten tres as- pectos en común:
• Unha descrición do contido mínimo dos documen- tos que inician o trámite.
• A realización dun trámite previo de consultas.
• Un procedemento de información pública para a primeira versión do plan.
O Consello da Xunta subscribiu o acordo motivado de inicio do procedemento da 1a Revisión do PFG que se fixo pública mediante a Resolución da Direc- ción Xeral de Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, no DOG do 23 de xuño de 2016. Nesta Resolución o Consello da Xunta decide encomendar a 1a Revisión do PFG á Consellaría do Medio Rural a iniciativa da Dirección Xeral de Ordenación Forestal.
A lei galega de montes determina que para a elaboración ou revisión do Plan Forestal de Galicia deben
ser consultados os propietarios forestais, as CMVMC, as entidades locais, o sector empresarial e os demais axentes
sociais e institucionais interesados a fin de propiciar a maior participación social na toma de decisións
A lei galega de montes determina que, para elabo- ración ou revisión do PFG deben ser consultados os propietarios forestais, comunidades de montes veci- ñais en man común (CMVMC), as entidades locais, o sector empresarial e os demais axentes sociais e institucionais interesados a fin de propiciar a maior participación social na toma de decisións. Con tal fin no seo do Consello Forestal creouse un grupo de traballo con vistas a proporcionar unhas directrices estratéxicas para a 1a Revisión do PFG.
En maio de 2014 constitúese un Grupo de Traballo integrado por 26 organismos e colectivos representantes dos axentes sociais, económicos e ambientais
implicados no sector forestal galego.
Na súa primeira reunión (en febreiro de 2015) establécese o modelo de participación mediante enquisas e reunións temáticas
21
caderno técnico
Así, en maio de 2014, constitúese un Grupo de Tra- ballo integrado por 26 organismos e colectivos re- presentantes dos axentes sociais, económicos e ambientais implicados no sector forestal galego. Na primeira reunión (en febreiro de 2015) establécese o modelo de participación mediante enquisas e reu- nións temáticas.
A Consellaría do Medio Rural nomeou un Comité Técnico que contaba cun grupo de apoio, constituí- do por dous membros da Facultade de Ciencias So- ciais da Universidade de Vigo e a secretaría técnica formada por dous funcionarios da Dirección Xeral de Ordenación Forestal. Este comité actuaba de mode- rador nas reunión do Grupo de Traballo, con voz pero sen voto.
O Grupo de Traballo entregou, en decembro de 2015, o documento de proposición das directrices estratéxicas para a primeira revisión. Este documento recolle en tres bloques que agrupan 19 áreas temá- ticas, solucións alternativas que deben integrarse na revisión do PFG:
Bloque I
• AT1.Análise do grao de cumprimento do Plan Fores- tal de Galicia 1992.
• AT2. Superficie forestal en Galicia e formacións ar- bóreas do monte.
• AT3. Estrutura e organización da propiedade.
• AT4. Xestión da propiedade forestal.
• AT5. Planificación e xestión forestal sustentable.
• AT6. Multifuncionalidade dos recursos e servizos.
• AT7.Taxa de aproveitamento dos recursos forestais.
Bloque II
• AT8. Incendios forestais.
• AT9. Sanidade e saúde forestal.
• AT10. Protección, conservación e fomento da bio- diversidade.
• AT11. Pistas e infraestruturas forestais.
• AT12. Formación, educación e divulgación.
• AT13. Investigación e transferencia forestal.
• AT14. As Administracións públicas no sector forestal.
Bloque III
• AT15. Políticas públicas en materia de fomento e fis- calidade forestal.
• AT16. Estatística forestal. Sistemas de apoio á toma de decisións.
• AT17.A cadea monte industria e o emprego forestal. • AT18. Cambios estruturais cara á bioeconomía ou economía hipocarbónica.
No137 - Marzo 2018