Page 16 - Demo
P. 16
16
tendencias
AGACA organiza un monográfico sobre Uso Responsable de Medicamentos en Vacún
A xornada, enmarcada no proxecto internacional AGROSMARTcoop, evidenciou diferentes puntos de vista nunha cuestión fundamental para as granxas pois repercute a nivel económico, sanitario e, por suposto, social.
O Plan Nacional fronte a Resistencia a Antibióticos, acordo para redución do consumo de antibióticos no bovino leiteiro en España debatido na Axencia Española do Medicamento transluce un interese en diminuír a cantidade de medicinas que consomen as vacas leiteiras, seguindo a tendencia do sector porcino, avícola e cunícola.
O Plan busca a adhesión voluntaria de entidades e ganderías comprometidas a reducir as prescricións de determinados antibióticos, como as quinolonas ou cefalosporinas.
Control
Aínda definíndose por lei, a figura do “veterinario de explotación” é conflitiva. As súas funcións e organiza- cións carecen de desenvolvemento normativo nal- gunhas Comunidades, como Galicia.
No tocante aos controis mínimos a realizar polos operadores da cadea alimentaria, o director do Li- gal, Roberto Lorenzana insiste: “Repetimos o Real Decreto 1718/2010 coma un mantra”. Establece auto controis en explotación gandeira dos que é res- ponsable o produtor, e en punto de descarga onde toma mostras, o transportista.
O Ligal, ademais, realiza controis aleatorios
O leite é o produto alimentario con máis controis que pode atoparse nos lineais, as autoridades competentes garanten a súa seguridade
Roberto Lorenzana
Gerardo Rivero, xefe do servizo de Calidade da Con- sellería do Medio Rural, destacou o papel das aso-
ciacións: “O esforzo debe estar nos pregos de certi- ficacións e acreditacións, coma “Leite de Pastoreo”, “Leite 100% cooperativo”... Que nos pregos poña que, estando asociado a este plan, os antibióticos de categoría 2 non se van usar ou que se van derivar só a tratamentos necesarios, previo diagnóstico, e o resto vaise afrontando e corrixindo con vacinación”
Compromiso
Fernando de Antonio, técnico de Gandería de Coo- perativas Agro-alimentarias de España, considera fundamental o compromiso: “Servirá como instru- mento para os operadores, para decidir se recollen o leite ou non. O compromiso social do gandeiro mi- rarase con índices: de sanidade animal, de medio ambiente... e iso medirase con indicadores, un dos cales será como usa os medicamentos”.
Neste senso, José Manuel Peláez, responsable de Pro- dución Animal de Delagro, destacou que o consumo de antibióticos en vacún leva anos reducíndose e que os hábitos nos seus usos tamén están a mudar: “Falamos de seguir cos controis e os traballos dos equipos que fan calidade de leite, dos equipos que fan trazabilidade, dos equipos que fan certificación e dos equipos que traballan en asesoramento. A coor- dinación é a liña que debemos seguir”.
Na opinión do veterinario do laboratorio Boehringer Ingelheim, Manuel Cerviño:“Os laboratorios fabrican- tes teñen que seguir creando produtos que poidan axudar ao gandeiro a producir sen usar tantos an- tibióticos e facer bos estudos no mercado. As opi- nións dos veterinarios e dos gandeiros chegan ao laboratorio. Interésanos que haxa produtos de cali- dade controlados: somos os encargados de levar a fármaco-vixilancia”.
AGROSMARTcoop
O proxecto “AGROSMARTcoop” está cofinanciado nun 75% pola Unión Europea e FEDER, con cargo ao Programa de Cooperación Interreg V-B Europa Su- roccidental (Interreg Sudoe 2014 – 2020). Ten como obxectivo crear un espazo para a integración, a com- petitividade e o crecemento económico intelixente das cooperativas agroalimentarias do espazo rural SUDOE, e dispón dun orzamento total de 1.295.000,00 euros (axuda FEDER: 971.250,00 euros).