Page 15 - Demo
P. 15

      Ruth R. Ferreiros, técnica de AGACA
as explotacións agrícolas e gandeiras ata servizos técnicos (aconsellamento agronómico, veterinario, de xestión económica de explotacións etc), pasan- do mesmo por unha ampla rede de supermercados rurais.
“Polo tanto, estamos en posición de ofrecer ese sa- ber-facer a cooperativas doutros territorios do espazo SUDOE, que non teñen eses recursos tan desenvol- vidos. Por outra banda, precisamos intercooperar para mellorar en transformación de materias primas, en comercialización e na aplicación de TIC (Tecno- loxías da información e da comunicación) a unha escala maior e máis profesional”, lembrou Ferreiros.
No segundo bloque expúxose o punto de vista en materia de comercialización intelixente dende axen- tes da cadea de distribución alimentaria e da restau- ración colectiva. Participaron EROSKI, GRUPO UVES- CO, COMPASS GROUP e ARRASAN.
Quedou claro que as necesidades, dende a súa perspectiva, son as de produtos de calidade, garan- tía de volume, cobertura das necesidades loxísticas e valentía para o emprendemento de novos retos demandados polos consumidores en alianza entre distintos axentes da cadea de valor.
No segundo día de Congreso, o terceiro bloque co- mezou informando dos produtos desenvolvidos den- tro de AGROSMARTcoop en materia de información e asesoramento en innovación tecnolóxica susten- table e en materia de comercialización. CICYTEX, Centro de Investigacións Científicas e Tecnolóxicas de Estremadura, socio do proxecto, encargouse de transmitir esta información.
A continuación, no cuarto bloque, e para finalizar o Congreso, deuse paso ás experiencias exitosas de distintas cooperativas das rexións participantes no proxecto.
15
tendencias
Delagro foi a entidade que acudiu en representación de Galicia (aínda que esta cooperativa de segundo grao integra entidades asturianas e cántabras). Car- los Castro, CEO de Delagro, aconsellou, para acadar a excelencia, “compartir valores comúns esenciais, coma a calidade nos servizos e produtos e as inque- danzas por buscar novos nichos de negocio”.
Tras analizar o feedback recibido polos asistentes, a Federación de Cooperativas Agroalimentarias de Euskadi afirma:“Podemos dicir que o evento foi valo- rado moi positivamente pola organización. Así mes- mo, os relatorios, os casos de éxito, a posibilidade de poñer en común as súas experiencias”.
Tamén foi posible recoller suxestións para profundar no futuro como foi o neuromarketing e a comercia- lización intelixente, coñecer aplicacións de industria 4.0 e BigData, propiciar máis espazos para que se dean posibilidades de colaboración e a explicación máis exhaustiva do uso da ferramenta desenvolvida no marco do proxecto.
Proxecto AGROSMARTcoop
AGROSMARTcoop é un proxecto europeo cofinancia- do nun 75% pola UE e FEDER, con cargo ao Programa de Cooperación Interreg V- B Europa Suroccidental (Interreg Sudoe 2014 – 2020), dentro do eixo priorita- rio de fomentar a competitividade e a internacionali- zación das PEMES do Suroeste europeo.
Ten por obxectivo principal crear un espazo de promoción, interconexión e interacción intelixente, dotando de estruturas, ferramentas e servizos avan- zados de apoio ás cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE para mellorar na innovación tec- nolóxica, de xestión e de comercialización a través do fomento do coñecemento, as boas prácticas e a intercooperación.
Durante dous anos, ata o 30 de xuño de 2018, oito entidades beneficiarias de seis rexións europeas de- dicarán esforzos a precisar sinerxías e potencialida- des. O consorcio internacional está conformado por Cooperativas Agroalimentarias Castela-A Mancha, CACLM; Federación de Cooperativas Agroalimenta- rias de Euskadi, FCAE; Centro de Investigacións Cien- tíficas e Tecnolóxicas de Estremadura, CICYTEX-Junta de Extremadura; Association des Régions Européen- nes des Produits d’Orixine, AREPO (Francia); Coop de France Aquitaine, CDF (Francia); União Cooperativa Polivalente da Região Norte, UniNorte (Portugal); Uni- versidade de Trás os Montes e Alto Douro, UTAD (Portu- gal) e AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias), encargada de liderar o proxecto.
 No137 - Marzo 2018
 

















































































   13   14   15   16   17