Page 14 - Demo
P. 14

14
tendencias
AGROSMARTcoop celebra en Vitoria un Congreso Internacional
  Os días 7 e 8 de febreiro as cooperativas agroa- limentarias do espazo SUDOE participaron no I Congreso para a Integración, a competitividade e o crecemento económico intelixente, celebrado en Vitoria-Gasteiz no marco do Proxecto europeo AGROSMARTcoop.
A Federación de Cooperativas Agroalimentarias de Euskadi, entidade participante en AGROSMARTcoop, foi a anfitrioa do evento, que acolleu a uns 100 asis- tentes, procedentes de Francia, Portugal e España, que participaron nas conferencias e bloques de intercambio que se levaron a cabo. AGACA é a en- tidade beneficiara principal do proxecto no que xa toman parte máis de 30 cooperativas galegas.
Durante a inauguración, o presidente de AGACA, José Montes, afirmou: “Con AGROSMARTcoop an- helamos paliar as desvantaxes das zonas rurais, así
como favorecer o desenvolvemento e a cohesión económica, mediante a xeración de capacidades e a busca de solucións transnacionais máis eficientes e efectivas”. No acto estiveron tamén Peli Manterola, director de Calidade e Industria Alimentaria do Go- bierno Vasco, e Pablo Durana, presidente da Fede- ración de Cooperativas Agroalimentarias de Euskadi.
O Primeiro bloque tratou sobre Intercooperación e mostrouse un diagnóstico de potencialidades en materia de intercooperación de cada rexión partici- pante no proxecto: Galicia, Estremadura, Castela A Mancha, Norte de Portugal, Nova Aquitania e Euska- di.
Segundo Ruth R. Ferreiros, técnica de AGACA, as coo- perativas agroalimentarias galegas destacan por ofrecer gran variedade de servizos ás súas persoas socias, dende a subministración de insumos para
Representantes e equipo técnico das entidades participantes
  
























































































   12   13   14   15   16