Page 12 - Demo
P. 12
12
tendencias
Liñas de axudas e apoios públicos en 2018
No marco da colaboración entre AGACA e Caixa- Bank tivo lugar unha xornada onde se expuxeron programas de axudas públicas, investimentos e in- centivos para 2018.
Asistiron preto de 100 persoas —moitas delas mo- zos e mozas—, interesadas en coñecer as distintas subvencións ás que poden acceder en función das súas características. Precisamente Nicasio Mejuto, secretario xeral de Explotacións Agrarias, centrouse na figura do agricultor mozo (quen non teña cum- pridos 41 anos ao presentar a solicitude) e nas axu- das do PDR de Galicia 2014-2020 para a creación de empresas (contía básica de 20.000€) e para o desenvolvemento de pequenas explotacións (prima de 15.000€).
En canto aos Plans de Mellora, pode solicitar axudas calquera maior de idade agás persoas mozas que se instalen en explotacións cunha antigüidade infe- rior a un ano.
Emprego
O subdirector xeral de Emprego, Juan José Lirón, pre- sentou o programa APROL do emprego autónomo: 14,6 millóns de euros destinados ao emprego au- tónomo e 1,3 millóns á contratación indefinida por autónomos.
Para entidades, existe un orzamento de 2M€ para pe- quenas empresas, 500.000€ para “iniciativas empre- sariais de base tecnolóxica”, 7M€ a entidades locais, 5,7M€ a PEMEs para contratación, e 378.000€ en in- centivos a empresas de inserción laboral.A unidades formativas en empresas destínanse 1,75M€.
Respecto do APROL Economía Social, a subdirectora xeral de Economía Social, Alba Paz, anunciou 1M€ para cooperativas e sociedades laborais e 800.000€ para fomento do acceso á condición de persoa so- cia.
José Manuel Janeiro, xefe de Servizo de Industriali- zación e Comercialización, falou dos fondos Feader que subvencionan gastos en construción, adquisi- ción e mellora de bens inmobles, compra de terreo e maquinaria, programas informáticos, patentes, licen- zas, dereitos de autor e marcas.
No sector vitivinícola subvenciónanse investimentos en produción, en control de calidade e con usos ad- ministrativos e/ou xerais.
IGAPE e AGADER
Miguel Ángel Romero, responsable de programas do IGAPE, anunciou as Liñas de apoio financeiro a emprendedores —Galicia Emprende/IG107 e Ga- licia Emprende Rural Feader—, puntos de atención ao emprendedor e investidores particulares e as sub- vencións a investimento empresarial, equipos produ- tivos e xeración de emprego. Existen, ademais, liñas financeiras como IFI de Feader: Industria 4.0, Empren- de, Innova e Relanzamento, e fondos BEI para capital circulante para o sector industrial.
Os programas de AGADER relacionados con moder- nización empresarial presentounos Javier Blanco, da subdirección de relación cos Grupos de Desenvol- vemento Rural. En concreto, a Medida LEADER 2014- 2020 conta para 2018 con 9.908.970 € de orzamento, ao que poden optar só pequenas explotacións que sexan actividade complementaria do titular e as explotacións agrarias que buscan reducir máis dun 40% o gasto enerxético.
Forestal
María José Cortés expuxo a Medida de COOPERA- CIÓN de innovación agroforestal (PDR 2014-2020). A intensidade de cada axuda cobre o 100% dos gas- tos subvencionables para que cada grupo operativo execute un proxecto en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola-forestal. Non haberá axu- das á creación de Grupos Operativos, pois a inten- ción é que os xa existentes se beneficien das axudas 2018.
Tamén anunciou apoios a proxectos piloto e desen- volvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito da investigación e innovación, cunha intensidade de ata o 80% do custo subven- cionable.
Finalmente, existen apoios ás actividades de demos- tración e información relativas ao traballo dos Gru- pos Operativos.