Page 11 - Demo
P. 11

     “Temos que tratar de crer máis nos nosos produtos e valoralos porque temos calidade pero non sabemos vendernos. [...] Na zona en que estamos hai moito minifundio e, aínda que queiras expandirte, estamos limitados, malia que a empresa coa que traballamos nos demanda máis produtos”.
“A concentración parcelaria tarda tantos anos que te desesperas.”
Carlos Lede
“Se naces nun negativismo continuo acabas crendo que non hai futuro. Cando fun a Canadá o que me parecían contos de fadas atopei que era a realidade: gandeiros que van por todo o mundo dicindo que son gandeiros e a xente os respecta, porque se fan respectar.”
“Aquí é case una vergoña dicir que meus pais traballan no campo, en Canadá é un orgullo representar o que é un gandeiro para o país”
Avelino Souto
“O cambio cultural de vivir na Coruña a vivir nunha aldea si que se nota, por exemplo, en servizos. En cambio teño o punto de vista do urbanita e creo que a idea
11
tendencias
sesgada que temos do rural galego onde se traballa horas e horas non sempre é real.”
“Si que hai ganderías pequeniñas onde pasa, pero organizándose pódese ter vida traballando no agro”
Darío Lema
“Aos nosos fillos debemos mostrarlles que a granxa é una empresa, que está funcionando ben”.
“O outro día contábanos o noso pai que, cando era novo, desexaban dar a un botón e que vacas se muxisen soas. Hoxe, probando o robot de muxidura estamos vendo iso e creo que meus pais tamén se senten realizados”
Manuel Iglesias
“Eu creo que hai futuro. Eu teño varios proxectos e non demando cousas privadas para min, creo que debe primar o ben público”.
“Por parte da Administración deben escoitar ao sector, reunirse con el, escoitalo e facer algo para suplir necesidades”
Fernando Fernández
   No137 - Marzo 2018
 















































































   9   10   11   12   13