Page 9 - Demo
P. 9

    A xornada “Incorpórate!” amosa a forza da xuventude no medio rural agrario
“As cidades medran pero o campo queda baleiro pouco a pouco segundo as estatísticas. As razóns? Xeralmente falta de servizos e escasa percepción de opcións profesionais. O resultado? Dificultades para lograr o relevo xeracional que derivan en despoboa- mento”, manifestou Esperanza Orellana, do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Am- biente dirixíndose ao cento de persoas mozas pre- sentes na xornada.
Como directora xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal presentou algunhas medidas do Pa- quete Xoven do Ministerio destacando a creación dos Territorios Rurais Intelixentes, “nos que cómpren infraestruturas para automatizar as cuestións relacio- nadas cos servizos públicos”.
Preocupada pola escasa implantación da titulari- dade compartida pensa que “Fundamentalmente é por descoñecemento. Moitas veces as mulleres non saben que existe ou que implica; os funcionarios non saben de que vai, que impresos encher... Tamén fa- lla coordinación entre Administracións e formación nos homes, que non pensen que as súas mulleres lles queren quitar a explotación”.
Orellana tamén criticou a disparidade de condi- cións entre Comunidades Autónomas para acce- der ás axudas da PAC á primeira incorporación.“O Tribunal de Contas evidencia dificultades similares en xóvenes de toda Europa: acceso á terra, adquirir dereitos pago único, acceso a créditos de financia- mento, aceso ao coñecemento, á formación, a ase- soramentos, á vivenda, ás TIC... Cómpre máis sinerxía
9
tendencias
    Por segundo ano, a xornada Incorpórate! reuniu en Compostela a máis de cen mozos e mozas que aspiran a establecer no medio rural o seu proxecto de vida e futuro laboral.A iniciativa parte dun acor- do de colaboración entre AGACA e Obra Social “la Caixa” para dar visibilidade á mocidade do rural galego e facerse escoitar como interlocutor impli- cado.
 No137 - Marzo 2018
 

























































































   7   8   9   10   11