Page 7 - Demo
P. 7
Tipos de Estacións de Servizo
En España existen tres tipos de instalacións de venda de carburantes ao público:
• Atendidas: son as tradicionais.A subministración do carburante realízaa o persoal da instalación.
• Autoservizo: onde a operación de enchido do depósito a efectúa o cliente, aínda que o operario é quen activa o surtidor.
• Desatendidas ou Automáticas: a subminis- tración é realizada polo cliente e ademais non hai persoal.
As estacións das cooperativas
Das estacións desatendidas que hai en España, máis do 60% son cooperativas.
A maioría dos postes de distribución localízanse no perímetro da cooperativa polo que, non habendo persoal presente, de xurdir algunha dúbida o cliente está en disposición de solicitar axuda a algún traba- llador da cooperativa.
Son pequenas ou medianas e están enfocadas a subministrar combustible á poboación do rural que é onde están asentadas, a un prezo competitivo
En España hai 900 estacións servizo de cooperativas que levan distribuíndo carburantes dende hai 30 anos. Son pequenas ou medianas e están enfoca- das a subministrar combustible á poboación do rural que é onde están asentadas, a un prezo competitivo.
7
a fondo
En Galicia non hai máis dunha ducia de surtidores de cooperativas; algúns son postes de subministra- ción agrícola, outros están en gasolineiras atendidas e varios, pendentes de comezar a funcionar como estacións desatendidas. Ningún está situado nun- ha das sete principais capitais galegas; localízanse sempre en zonas rurais, normalmente apartadas, a maioría preto de vilas de menos 3.000 habitantes.
Distribución a non socios
Poden as estacións de servizo das coope- rativas subministrar combustibles a persoas non socias? Está é unha dúbida moi habitual.
As cooperativas poden distribuír carburantes tanto a persoas socias como a non socias, tal e como indica a Lei antes nomeada:“Poderán distribuír polo miúdo produtos petrolíferos a terceiros non socios co límite do 50% do total da cooperativa, sen perder por elo a condición de cooperativa (fiscalmente protexida)”.
Que ocorre cando unha cooperativa serve a persoas non socias? Que aos rendementos des- ta actividades se lles aplica a mesma fiscalización no Imposto sobre Sociedades que a calquera outra sociedade mercantil que fai esta distribución, o que significa que non hai beneficio fiscal sobre outras empresas.
En canto a como saber se a persoa que reposta é ou non socia, os representantes das cooperativas té- ñeno claro: “Ese punto é moi doado, hai sistemas, como o emprego de tarxetas, sinxelos de aplicar. Po- demos saber perfectamente se hai vinculación ou non, coa cooperativa”.
No137 - Marzo 2018