Page 6 - Demo
P. 6
6
a fondo
Cooperativas galegas apostan
polas gasolineiras automáticas
Máis de dez cooperativas galegas xa teñen solici- tado, ou están en proceso de facelo, os permisos para poñer en marcha gasolineiras automáticas ou desatendidas. A Lei 20/1990 do Réxime Fiscal de Cooperativas indica claramente que “as coo- perativas poden distribuír ao polo miúdo produtos petrolíferos a terceiros non socios co límite do 50% do total da cooperativa, sen perder por elo a condi- ción de cooperativa fiscalmente protexida”.
A realidade coa que se atopan as cooperativas galegas interesadas en abrir estacións de servi- zo automáticas ou desatendidas é que, a pesar de que a Lei recoñece esta facultade, ningunha logrou obter os permisos necesarios por atrancos variados.
Co fin de poñer en común a situación individual e as trabas que se están a detectar en cada caso par- ticular, a principios de marzo, AGACA convocou ás cooperativas para manter unha reunión conxunta á que tamén convidou ao técnico de Cooperativas Agro-alimentarias de España, Jesús Gustrán, espe- cialista nesta área e coñecedor da idiosincrasia de cada Comunidade Autónoma.
Ao remate da xuntanza desenvolveuse outra reunión, esta xa nas dependencias da Xunta, onde represen- tantes da consellería de Economía, Emprego e In- dustria escoitaron da man de AGACA e das propias cooperativas, a situación actual de incerteza na que se atopan estas entidades.
Contexto nacional
A Comisión Nacional dos Mercados e da Compe- tencia, nun informe, considera o mercado español da distribución polo miúdo de carburantes como un oligopolio, xa que só tres operadores ostentan o 80% do mercado.
Esta concentración provoca que o prezo —tanto da gasolina como do gasóleo— se sitúe (antes de impostos) por riba da media europea e de países como Francia ou Alemaña.
No mesmo informe reflicte que as estacións indepen- dentes, na súa maioría sen persoal, son as que ofre- cen prezos medios de venda máis baixos.