Page 18 - Demo
P. 18
18
tendencias
8 de maio: Dia internacional da muller
Actualmente, Galicia conta cun 34% de po- boación localizada en municipios rurais; o 49% desa poboación é muller. En canto ás explota- cións agrícolas e gandeiras, o 54% delas son de titularidade feminina.
O 8 de maio é unha data na que as cifras anteriores cobran especial relevancia. As mulleres suman case a metade da poboación de concellos rurais gale- gos: son arredor de 450.000 habitantes, o 49%. Como tamén son o 49% as mulleres rurais en España e un 49%, as cooperativistas do sector agroalimentario ga- lego. Un 49% coma un eco non escoitado.
Como, senón, explicar a porcentaxe de representan- tes femininas en consellos reitores de cooperativas agroalimentarias en Galicia: 15%? E a porcentaxe de presidentas: 4%?
Para amplificar a voz das mulleres que viven e traba- llan no medio rural, dende AGACA organízanse nu- merosas iniciativas que buscan impulsar a súa par- ticipación activa tanto en órganos de decisión das cooperativas coma nas actividades cotiás destas entidades, como poden ser as asembleas.
Entre as iniciativas atópase “Atrévete Contigo Mesma”, xunto con Obra Social “la Caixa”. Co em- poderamento das socias como obxectivo, este pro- grama cumpriu xa tres anos durante os que se ce- lebraron 20 xornadas en cooperativas. Participaron 567 mulleres.
Este ano o celebramos o Día Internacional da Mu- ller co alumnado de 4o da ESO do IES Pedras Rubias, en Salceda de Caselas, nunha edición especial de “Atrévete Contigo Mesma”.
Ruth Rodríguez, axente en Igualdade de Xénero e técnica de AGACA, explicou algúns dos conceptos relacionados co xénero, pois de como se constrúe a identidade de homes e mulleres pode chegar a depender o papel que eles e elas acaben desem- peñando no futuro.
Así, Rodríguez fixo fincapé en que “os estereotipos e roles de xénero, ao seren construídos (non naturais) e aprendidos, varían ao longo da historia e ao ancho do planeta e poden ser modificados”. Na actualida- de, por exemplo o estereotipo da nosa sociedade
concibe que ás mulleres lles corresponde o coidado de persoas, xa sexa no fogar ou no ámbito público (por exemplo como enfermeira).
Este estereotipo ten unha tradución porcentual á realidade: datos compilados por AGACA amosan que, entre as cooperativistas, o 88% declara ocu- parse marioritariamente da atención de persoas no fogar e tamén de tarefas domésticas, ademais do tempo dedicado ao traballo na explotación.
Esa acumulación de tarefas impide, en moitos casos, unha maior presenza na esfera pública. É necesario acadar a corresponsabilidade para a conciliación e, así, chegar á igualdade.
Como exemplo, Dolores Calvo, presidenta da adega cooperativa Condes de Albarei, falou ao alumnado da súa experiencia como viticultora e persoa á fron- te dunha cooperativa: “A igualdade entre homes e mulleres ten que estar presente en todas as profe- sións e ámbitos, tanto rurais como urbanos”, afirmou.
Higinio Mougán, director xerente de AGACA, animou ao alumnado:“Gustaríame convidarvos a todos vós para que sexades activistas na busca da Igualdade de Xénero na aula, no voso contorno de amizades, no familiar, nos momentos de lecer, no día de hoxe e nos postos que ocupedes na sociedade o día de mañá”.
• Conciliar significa compatibilizar as distintas esferas da vida (familiar, laboral, persoal e socio-comunitaria).
• Corresponsabilidade: no reparto equitativo das tarefas domésticas e responsabilidades familiares entre os distintos membros do fogar.
• Sen a corresponsabilidade, non pode haber igualdade real entre os xéneros