Page 40 - Demo
P. 40
40mundo cooperativoCaracois, castañas, xurros, resinas, leite, l- trado de residuos. Novos proxectos galegos en marchaO Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) aprobou a concesión de axudas aos proxectos “Viabilidade do aproveitamento integral dos bosques de castiñeiro da cooperativa”,“Granxas de leite galegas en harmonía coa natureza e a biodiversidade agraria” e “Ad- helix, cultivo intensivo de caracol de xardín”, todos eles liderados por AGACA.A entidade intervén ademais nos proxectos aprobados por FEADER “Deseño de ferramentas para minimizar o impacto sobre o medio natural na aplicación de xurro de explotacións de porcino” ,“O Dourado Verde” e “Proxecto Leite Plus” a desenvolver entre 2016 e 2017, nos que tamén participa a Asociación.Granxas en harmonía“Granxas de leite galegas en harmonía coa natureza e a biodiversidade agraria” responde á crecente perda de biodiversidade no medio rural de Galicia motivada entre outros factores, polo progresivo abandono poboacional e a perda do traballo agrogandeiro.O proxecto busca mellorar a sostibilidade natu- ral e a calidade de vida dos animais mediante unha mellor xestión dos residuos procedentes da actividade dunha granxa de vacún de leite. Tras pasar por un sistema de balsas de ltrado de residuos, poderán aproveitarse a auga de e uentes e os xurros xerados polas explota- cións.Ademais, analizaranse as diferenzas produ- cidas por fertilizantes ecolóxicos na materia orgánica e na capacidade de in ltración e retención de auga dos terreos e estudarase a in uenza dos espazos vexetais no benestar animal.Desenvolven o proxecto AGACA, o Instituto Galego da Calidade Alimentaria, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, a SAT Casa Grande de Xanceda, a empresa Calfen- sa Proxectos e Grupo Naturalista Hábitat. Conta cunha axuda FEADER de 95.286,20 euros.CastañaGalicia é a maior produtora e exportadora de castaña de España producindo entre 15.000 e 25.000 toneladas anuais, por un valor estima- do de 30 a 40 millóns de euros.O proxecto “Viabilidade do aproveitamento in- tegral dos bosques de castiñeiro da cooperati- va” busca potenciar o rendemento de soutos a través da mellora das plantacións de castiñeiro de calidade e a incorporación de producións compatibles con ela, como plantas medicinais e aromáticas ou cogomelo.Tamén, aproveitar residuos derivados da casta- ña para industrias con valor engadido —téxtil, madeireira ou cosmética— e reducir o gasto enerxético usando biomasa e paneis fotovol- taicos.Forman parte deste grupo de traballo AGACA, a Universidade de Vigo, o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), Amarelante Sociedade Coo- perativa Galega e a Indicación Xeográ ca Pro- texida Castaña de Galicia. Recibe unha axuda FEADER de 80.606,06 euros.CaracolA cría de caracol representa unha actividade rendible dadas as adecuadas condicións am- bientais de Galicia e o auxe do mercado. O proxecto ”Adhelix, cultivo intensivo de caracol

