Page 39 - Demo
P. 39
Rematado o “traballo de campo”, comezou a burocracia: “A Misión Biolóxica iniciou trámites para que o MAPAMA a recoñeza como apta para vini cación, solicitamos permiso ao Con- sello Regulador para elaborar o viño experi- mental non comercializable, e á Xunta para as inspeccións”.“En plena vendima, con ameaza de choiva, tivemos que parar todo para meter 400 kilos de ratiño (non se pode traballar á vez coas variedades para evitar risco de mesturas). Ha- bía incerteza”, admite Rivas.“É un traballo que facemos case para o mundo; se a variedade se recupera, calquera poderá usala”, asevera.Se a variedade ratiño se recupera calquera poderá usalaO resultado: 500 litros de Mausiño —nome que xoga co son da palabra “mouse”, rato en in- glés— fermentado en frío catro horas, con léve- dos propios. A crianza é de nove meses sobre lías. O proceso é artesanal, ata o punto de crear infraestrutura propia para o arrefriado.“En nariz ten toques moi minerais e a froita seca, non tan afroitado (a froita de óso) coma o albariño. En boca é distinto a todos: moi carnoso e untuoso, cunha acidez moi rica. Marida ben con peixes, pero como ten presenza aguanta máis, por exemplo con carne branca, arroz...”Se ben Viña Moraima asume os riscos do proxecto a curto prazo, son conscientes das vantaxes inmediatas e indirectas de adiantar- se: “O que se falou de Viña Moraima estes días non hai cartos que o pagueN. Sen orzamen- to para publicidade logramos oco en medios de comunicación; en redes sociais o vídeo de Mausiño chegou a 25.000 impactos. É un enganche para as marcas da adega comer- cializables”, comenta,“Os pequenos debemos entender así o marketing; o de pago énos in- viable”.Salto de obstáculosCon todo, admite ver o futuro con preocupa- ción: “Afortunadamente hai xente maior que abandona a produción e nos ofrece viñas39mundo cooperativopara que llas coidemos, pero cando os socios sexan de idade elevada non sabemos qué pa- sará. Defendemos moito a gura da coopera- tiva: non temos xerente, as decisións tómanse en Consello Reitor cos técnicos externos e en asemblea de socios. Vendima, embotellado, limpeza de bodega, ensacado... facémolo socios e técnicos. Empezamos a considerar a opción de producir de forma cooperativa: trac- tores de todos, cuadrillas de poda, sulfato... pro- fesionalizar a produción”.Viña Moraima ten máis “particularidades”, se- gundo Rivas: “Moraima, Moraima caíño e ago- ra Mausiño proceden de cepas propias, vellas, de patrón directo, con calidade moi superior á do resto de viños pero menor rendemento. Cus- ta atopalas porque en 1980 prohibiuse plantar patrón directo. Ratiño nin o hai en viveiros”.Usamos cepas propias pre loxéricas de patrón directoPorén, non preocupan as di cultades para am- pliar produción: “Temos capacidade para 100.000 litros, non interesa máis. Nesa cantida- de podemos controlar todo o proceso; en máis, non, e poderíamos ter que facer algo que non nos apetece para os nosos viños. Competir en prezos non é a nosa guerra”, sentencia Rivas.“Os grandes coñecedores do viño buscan cou- sas raras. O mercado mundial é amplo pero o 90% son variedades francesas, que se dan en todo o mundo. En Galicia temos algo importan- te: case hai máis variedades ca bodegas, con aptitudes moi interesantes e únicas”, remacha.

