Page 38 - Demo
P. 38
38mundo cooperativoViña Moraima: Innovación “para rato”Viña Moraima vén de chantar a primeira pedra do que pode signi car un novo atractivo para o sector vitícola de Galicia: a uva tipo “ratiño”. A adega presentou en novem- bro as primeiras botellas dun caldo experimental, o Mau- siño, elaborado unicamente con esta variedade autóctona de Galicia. É a última das “rarezas” dunha bodega que xa naceu coa orixinalidade por bandeira.Viña Moirama fundouse en 2006 no municipio pontevedrés de Barro froito dunha excepcio- nalidade: por primeira vez en 2005 a D.O. Rías Baixas recolleu máis uva da que podía comer- cializar sen detrimento económico dos produ- tores.Ante iso, os 11 socios iniciais de Viña Moraima decidiron constituírse en cooperativa para po- ñer a súa uva no mercado con nome propio: “Empezamos cunha soa marca de albariño, o Moraima. A primeira colleita da cooperativa foi de 25.000 litros, pero hoxe móvese, en total, nuns 50.000 – 60.000 litros”, explica un dos so- cios fundadores, Roberto Rivas.Engadiron aos albariños o ABA de Trasumia, pero, ante un mercado que Rivas estima “moi apertado”, optaron por innovar cunha excep- ción en Rías Baixas: un tinto de caíño, uva que en 2016 foi só o 0,5% da D.O.Primeira rarezaAsí, a terceira colleita Moraima caíño repousa en depósito e, por primeira vez, en barrica: “En 2014 logramos 2.500 litros. Na segunda vendi- ma, 3.500; nesta, só 750. Con estes volumes non podemos competir en prezo pero si en calida- de”, comenta Rivas.Competir en prezos non é a nosa guerraE compiten en moitas ligas: internacionalizan o 70% do viño, a maioría a Reino Unido, Xapón,Holanda e Irlan-da. O 20% desaporcentaxe via-xa ata EstadosUnidos: “Un dosdistribuidoresamericanos che-gou buscando oMoraima caíño”,rememora Rivas,quen recoñece:“Vendemos toda a colleita e pagamos aos produtores antes da vendima seguinte, pero deberíamos contar con maior rede de distribu- ción”.Nun mercado, en palabra de Rivas, “gourmet, onde os consumidores buscan as rarezas”, fun- ciona ben o Moraima caíño: “Temos que col- gar na web carteis de ‘Esgotado ata a próxima colleita’”, bromea.Foi a enóloga da bodega, Cristina Yagüe, ma- drileña, quen deu o pulo nal para o nacemen- to do Moraima caíño:“Sabiamos que tiñamos un pequeno tesouro, Barro sempre foi coñeci- do polo caíño, pero iniciar produción de tinto nunha adega de branco é complicado”. E in- siste: “Agradecementos a Cristina o empurrón; se non, teríanos quedado a espiña cravada”.MausiñoCoa singradura do caíño arribada a bo porto, Viña Moraima non se relaxou.“Sabiamos que tiñamos algo raro, cepas distintas, ás que cha- maban ratiño, pero nada máis. En 2012, nunha charla, a investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Carmen Martínez falou do interese en recuperar esta variedade autóctona presente en Barro, O Salnés, O Rosal e Ribeira Sacra”, di Rivas.Así, localizaron catro socios e cinco veciños dispostos a venderlles uva: “Son cepas mestu- radas con outras variedades, en microviñas”.

