Page 42 - Demo
P. 42
42mundo cooperativoCooperativas vitivinícolasanalizan xuntas a normativa sectorialBodegas Eidosela, Condes de Albarei, Jesús Nazareno, Martín Códax, Viña Costeira e Viña Moraima participaron nunha xornada concibida para afondar en cuestións de actualidade e gran incidencia no sector como as Decla- racións Obrigatorias de Colleita, a Extensión de Norma da Interprofesional e as autorizacións para novas plan- tacións de viñedo.Novas viñasO país que conta coa maior porcentaxe da su- per cie de viñedo mundial é España cun 14%. Galicia supón un 3,5%. O 47% das 959.535 hec- táreas de viña contabilizadas en 2016 concén- trase en Castela- A Mancha.A normativa vixente ata 2030 autorizou en 2016 4.173 ha de novas plantacións, das cales a Galicia lle concedeu 73,44 ha.As solicitudes de arrinque poden presentarse ata o 31 de decembro de 2020 en cada Auto- nomía. A solicitude do viticultor e a resolución por parte da Autonomía deberán producirse dentro da mesma campaña. Mentres, as soli- citudes de replantación deben presentarse antes do n da segunda campaña seguinte á aquela en que se noti cou o arrinque. Pasado o prazo, pérdese o dereito a replantar.INFOVIO sistema de información de mercados do sector vitivinícola (INFOVI) foi un dos aspectos de atención da xornada. Produtores de viño e mosto de máis de 1.000 hl e almacenistas deben presentar estas declaracións mensual- mente, antes do día 20 do mes vixente, cos da- tos relativos ao mes previo; produtores de menor cantidade só declararán en de- cembro e agosto. Están exentos produto-res de menos de 10 hl e os non comercia- lizados, ademais de produtores asociados a cooperativas que entreguen a totalida- de da colleita. Decláranse produción, exis- tencias iniciais e nais e movementos.Galicia é a Comunidade Autónoma con máis potenciais declarantes en concepto de pe- quenos produtores con 1.798 producindo nos últimos catro anos, menos de 1.000 hl/anuais de media. Séguea País Vasco con 584. Por ou- tra banda, só hai 105 potenciais declarantes como grandes produtores en Galicia (decla- ran ter producido máis de 1.000 hl/ano de me- dia nos últimos catro anos), fronte aos 607 de Castela-A Mancha, a Comunidade coa maior cifra.En 2015 España produciu máis de 43.200.000 hl e consumiu uns 10 millóns. En 2014/15 exportou arredor de 24 mi-llóns de hectolitros.A tendencia de con- sumo interno decrece dende hai 25 anos pero nos últimos catro estabilizou nos 10 millóns de hectolitros.Extensión de normaA extensión de norma é un mecanismo da A Organización Interprofesional do Viño de Espa- ña (OIVE) que funcionará dende o 1 de agosto de 2016 ao 31 de xullo de 2019 con potestade para facer obrigatorios os acordos tomados no marco da Interprofesional para todos os produtores e operadores do sector, co n de asegurar a súa boa xestión, a promoción do consumo responsable no mercado interior e a implantación de boas prácticas de comunica- ción comercial entre operadores –accións que reciben o 90% das achegas económicas-, a mellora da cadea de valor e accións de I+D+i.

