Page 43 - Demo
P. 43
Oportunidades perdidas: Fondo de Formacióne Promoción CooperativaTodas as cooperativas dispoñen dun Fondo de Forma- ción e Promoción Cooperativa (FFPC); así o dispoñen os artigos 67 e 68 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia. Porén, non todas fan uso dese recurso, nin todas as que o empregan o fan en acordo coa normativa. Estas condutas tradúcense de xeito indi- recto nunha perda de valor para as persoas socias, que non chegan a percibir os bene cios derivados de accións formativas realizadas na cooperativa; de xeito directo, poden supoñer sancións e mesmo a perda do orzamento do Fondo.O ano pasado, a Administración Tributaria rea- lizou unha estrita campaña de control da co- rrecta aplicación por parte das cooperativas dos FFPC. Sexa por descoñecemento da regu- lación ou por outras causas, os controis impli- caron para algunhas cooperativas a perda da protección scal dos exercicios inspecciona- dos, coas conseguintes regularizacións scais nos impostos (de sociedades, de actividades económicas, de transmisións patrimoniais e de actos xurídicos documentados), sancións e xu- ros de demora.A dotación do FFPC procede do reparto de excedentes, segundo establece a Lei 5/1998, do 18 de decembro: como mínimo, un 5% dos bene cios obtidos das operacións cooperativi- zadas con socios destinarase ao FFPC.Tamén se destinan a este fondo as sancións impos- tas aos socios e as subvencións ou doazóns destinadas a nanciar actividades nas que se aplique. Sumaranse os resultados obtidos por contas de aforro ou débeda pública nas que se materialice o FFPC por non aplicarse no exercicio seguinte no que se dotase.Igual que están moi reguladas as fontes de ingresos do FFPC, tamén o están os seus usos e bene ciarios lexítimos. Un deles é o Conse- llo Galego de Cooperativas: se en cinco anos unha cooperativa non aplica o importe do FFPC ao seu destino dende que fora dotada no exercicio correspondente, deberá transferilo ao Consello.Dende AGACA, o departamento de formación pode proporcionar asesoramento na xestión dos recursos do FFPC. Tamén dispón de diver- sas accións formativas, adaptables segundo as necesidades especí cas de cada coope- rativa asegurando así, o cumprimento da nor- mativa e a absorción do valor engadido para a cooperativa que supón o emprego do FFPC.Pódense impartir cursos, módulos e/ou xorna- das en áreas coma:Persoas socias e traballadoras: formación profesional nos principios cooperativos e axei- tada á actividade con cursos especializados: prevención de riscos, aplicación de tosanita- rios etc.Consellos reitores e interventores/as: forma- ción en dirección e control empresarial.Intercooperación: promoción de asistencia, dirección común, actividades de apoio entre cooperativas..., incluíndo cobertura de gastos de constitución ou incorporación en coopera- tivas de segundo grao.A nivel social:• Difusión de características do cooperativis- mo, conciliación familiar e laboral, aplicación da Lei 2/2007, do 28 de marzo, de traballo en igualdade das mulleres de Galicia ou fomento de responsabilidade social, entre outras.• Cursos, módulos e/ou xornadas sobre RSE, Igualdade etc.Cooperativas de crédito: promoción cultural, profesional e social da comunidade.No131 - Decembro 2016

