Page 24 - Demo
P. 24
24caderno técnicoGALICIA:Galicia lidera a produción de leite de vaca no estado español con 2,4 millóns de toneladas anuais. Tamén lidera, pero neste caso á baixa, o prezo que se lle paga ao gandeiro sendo en- tre dous e tres céntimos menos por litro que no resto do territorio.Na seguinte táboa podemos ver quen e canto recolle desa produción:A produción por tipos de queixo:Total queixo 29.500 tQueixo BarraQueixo D.O.P.Outros66%18%16%En Galicia existen catro D.O.P de queixo (Tetilla, Arzúa-Ulloa, Cebreiro e San Simón da Costa) que representan aproximadamente un 20% da produción total de queixo. (táboa DOP)Arzúa-Ulloa: elabórase con leite de vaca natu- ral, enteiro, cru ou pasteurizado, procedente de razas Rubia galega, Parda alpina e Frisona ou os seus cruzamentos entre si.A zona de produción tanto do leite como dos queixos está situada no corazón de Galicia e comprende só uns determinados concellos.Existen tres tipos de queixo dentro desta D.O.P —queixo Arzúa-Ulloa, Arzúa-Ulloa granxa e Arzúa-ulloa curado—. Son queixos de pasta branda con períodos de maduración de seis días, e seis meses no caso do curado; presen- tan forma lenticular ou cilíndrica cos bordes redondeados. A súa codia, na e elástica, é de cor amarela de media a escura, brillante limpa e lisa. A pasta é de cor uniforme, entre branca mar l e amarela pálida, e ten aspecto brillante, sen gretas, poucos ollos pequenos, angulosos ou redondeados e de distribución irregular. Preséntanse en pezas de 0,5 a 3,5 Kg con me- didas reguladas, e a altura nunca pode ser su- perior ao radio.D.O.P. Arzúa-Ulloa TetillaSan Simón da CostaCebreiroQueixo BarraQueixo D.O.P.22% 38% 11% 4%3.400 t 1.408 t 447 t 34 tCompradorLactalis Compras Y Suministros, S.L.CAPSA FOODLeche Celta, S.L.Grupo Leche Rio S.A.Industrias Lácteas Asturianas S.A. Feiraco, S. Coop. GalegaCelega, S.L.Calidad Pascual S.A.U.Icos, S. Coop. GalegaNestlé España, S.A.Agris S. Coop. GalegaQueserías Entrepinares S.A.U.LogÍstica Alimentaria S.L.Iparlat Sual S.A. S.A.U.Cobideza, S. Coop. Galega Cooperativa Melisanto, S. Coop. Galega Danone S.A.Lácteos Perez Olveira, S.A.Leitigal, S.L.Central Lechera del Cantábrico, S.L. Agrolácteos Galicia S.L.Lácteos de Riotorto, S.L.Queixerías Prado S.L.Cooperativa Hoxe, S. Coop. Galega%18,4% 13,7% 11,9% 9,0% 8,5% 5,8% 4,3% 4,0% 3,8% 2,3% 2,0% 2,0% 2,0% 1,9% 1,8% 1,7% 1,4% 1,2% 1,1% 0,8% 0,8% 0,6% 0,5% 0,5%As industrias que lideran a recollida en Galicia (Lactalis, CAPSA, Celta e Leche Río) dedícanse na súa totalidade ou maioritariamente á trans- formación de leite UHT; a primeira produtora de queixo en exclusiva da lista é Entrepinares e CAPSA tamén destina un 20% da súa recollida en Galicia á fabricación de queixo.

