Page 21 - Demo
P. 21
Neste artigo analizarase a situación do mer- cado lácteo e o proceso tecnolóxico de pro- dución de queixo, así como dos requirimentos legais e de calidadeSITUACIÓN DO MERCADO LÁCTEO:MUNDIAL:O mercado lácteo mundial non pode ser ana- lizado como un todo xa que as tendencias de consumo varían substancialmente nas diferen- tes zonas do planeta. Así, mentres o leite fresco segue sendo un valor seguro en América do Norte, Oceanía e Australia, os queixos gañan cota considerablemente dende os anos oiten- ta, especialmente o tipo mozzarella nos Esta- dos Unidos.Por rexións:• Europa: o leite, tanto fresco como pasteu- rizado e UHT, cede terreo ás bebidas de orixe vexetal (soia, améndoa, arroz), mentres que os21caderno técnicoqueixos medran e os iogures e derivados lác- teos se fan un oco nas súas diferentes varie- dades.• América latina: combina o consumo de lei- te co dos seus produtos tradicionais coma o doce de leite ou o leite confeitado. A súa arrai- gada tradición de derivados atopa un referen- te nas sobremesas lácteas e iogures chegados dende Occidente.• Asia: salvo a India, que ten unha longa tradi- ción láctea, o resto de países estanse abrindo ás modas de consumo europeo dende China ata Indonesia ou Malaisia.• África: os produtos lácteos aínda son consi- derados como artigos de luxo, incluso nos paí- ses árabes onde hai costume de consumo de leite, sobre todo de camela.• Estados Unidos: un amplo estudo realizado neste país chega á conclusión de que mentres os produtos lácteos incrementaron o seu con-sumo, con especial incidencia en Ca- lifornia, o consumo de leite líquido por persoa baixa den- de 2009 e prevese que esta sexa a ten- dencia ata 2020 de- bido principalmen- te á percepción de que as bebidas de orixe vexetal son máis saudables. As exportacións supu- xeron no ano 2015 o 17,5% da súa pro- dución total fronte ao 10% do ano an- terior.A produción mun- dial de lácteos pode alcanzar en 2020 os 827 millóns de toneladas, isto supón un incre- mento do 19% res- pecto de 2010.No131 - Decembro 2016

