Page 20 - Demo
P. 20
20caderno técnicoO queixo:A gran alternativa do sector lácteo galegoNos últimos anos estase experimentando un crecemento exponencial da demanda de pro- dutos artesanais e de proximidade con gran valor engadido. O consumidor está cada vez máis preocupado pola calidade e bene cio para a saúde que lle proporcionan os produtos que consume, así como polo seu carácter sos- tible dende o punto de vista medioambiental e económico.O exemplo máis claro deste fenómeno témo- lo no crecemento —nun 1.600% entre os anos 2008-2015— das empresas dedicadas á pro- dución e comercialización de cervexa artesá. Pero este feito non queda só na aparición de numerosos microprodutores senón que leva daman a apertura de tendas especializadas (físicas e na rede), locais de hostalería, blogs, feiras...Este fenómeno non só ocorre coa cervexa; o pan, o viño, as hortalizas e os produtos lác- teos tamén se ven envoltos nesta “moda” polo produto tradicional e sostible. O con- sumo de produtos ecolóxi- cos tamén incrementa ano a ano: España é o noveno país do mundo na produción des- te tipo; pese a que supón só un 2% do consumo total, cre- ce a un nivel do 12% anual.Este escenario pode ser apro- veitado polo noso sector lác- teo. Temos unha gran tradi- ción na produción artesanal de queixos e outros derivados que pode ser posta en valor e canalizada como forma de revitalizar e dar futuro a un sector castigado e en crise permanente.As explotacións leiteiras poden encontrar na diversi cación, na produción artesanal diferen- ciada e de calidade, un suplemento a súa actividade. Non só supón un complemento económico, senón que tamén é un xeito de fo- mentar a cultura, a tradición e o consumo do leite, en todas as súas formas.O queixo é o único produto lácteo que medra en consumo ano a ano.Ten un interesante va- lor engadido: a súa natureza facilita a comer- cialización e exportación.Ademais dá a posibi- lidade ao produtor de “crear” tantas variantes e tipos de queixo como a súa imaxinación lle permita e deste xeito diferenciarse e posicio- narse no mercado.

