Page 18 - Demo
P. 18

18tendenciasCaixa Rural Galegaconmemora o seu 50o aniversarioA poucos días de  nalizar 2016, Caixa Rural Galega ce- lebrou unha gala conmemorativa polo cincuentenario da entidade no Círculo das Artes de Lugo. Asistiron os empregados da entidade e xubilados da empresa, re- presentantes do grupo Caja Rural, membros do Consello Galego de Cooperativas e representantes políticos como como a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo; o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López; a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o pre- sidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, entre outras destacadas personalidades.A gala, presentada polo xornalista lucense Marcos Méndez Moreira, foi inaugurada pola alcaldesa de Lugo, que destacou que Caixa Rural Galega “axudou ao sector máis vertebra- dor da provincia, ao sector gandeiro e agrí- cola, ao que ten que ser o noso presente e o noso futuro”. Trala benvida, o director xeral da entidade, Jesús Antonio Méndez Álvarez- Cedrón, sinalou “a proximidade, a vincula- ción co territorio e o continuo reinvestimen-to de bene cios como sinais de identidade da caixa”. Finalizou presentando o libro conmemorativo “50 anos cos pés na te- rra xunto á súa autora, a xornalista Marta Veiga, quen salientou a idea principal da obra: “Facer unha homenaxe ás persoas, empregados, clientes e socios que  xeron posibles estes 50 anos deixando atrás da-tos e cronoloxías para deternos nas vivencias, nas sensacións e nos sentimentos da xente que estivo de acordo con outro xeito de facer banca”.O xornalista Fernando Ónega  xo un percorri- do por estes anos cun relatorio titulado “Crise  nanceira: feitos e feridas”. Cara ao  nal da gala, o actual presidente da Caixa Rural Ga- lega, Manuel Varela López, agradeceu o seu labor a todos cantos formaron e forman par- te da entidade e lembrou que “Esta entidade afrontará o seu futuro sempre con prudencia, sen comprometer a súa estabilidade e cun constante compromiso con Galicia”.O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, clausurou o acto aseverando: “A con anza é o segredo que permite entender estes 50 anos de Caixa Rural Galega. É admi- rable a obra cooperativa que viviu no seu tem- po e para o seu tempo, que se soubo adaptar aos cambios sociais e económicos sen mudar os seus valores e que prima ás persoas, os proxectos dos clientes, por riba das súas cifras. Levaron as cousas con sentidiño respectando dende os inicios os seus sinais de identidade: estabilidade, prudencia e galeguidade. Son, por todo isto, un exemplo para o sistema ban- cario español”.Trala gala, a maioría dos asistentes dirixíronse ao Hotel Méndez Núñez, onde remataron cun- ha cea as celebracións por estes cincuenta anos de historia.


































































































   16   17   18   19   20