Page 16 - Demo
P. 16
16tendenciasAs cooperativas de horta avalíano resultado da campaña con Vegalsa-EroskiO balance económico nal da campaña rematada re icte resultados desiguais en función dos produtos analizados, e estabilidade comercial segundo o Informe emitido po- las entidades (cooperativas e SAT) con actividade no ám- bito hortícola vinculadas á distribuidora Eroski-Vegalsa en virtude dun convenio de colaboración rati cado este verán por quinto ano consecutivo. Variacións que entran na lóxica da oferta e demanda dos consumidores nais.Responsables das áreas de horta das entida- des implicadas reuníronse o pasado novem- bro en Santiago co n de poñer en común os resultados obtidos a raíz da colaboración coa distribuidora Vegalsa-Eroski para comercializar produtos agrarios de calidade, coa súa traza- bilidade perfectamente indicada nos lineais das máis de 260 tendas que a entidade posúe.A perspectiva modifícase segundo o produto analizado. No feixón, por exemplo, detectouse unha importante diminución dos volumes co- mercializados a pesar da súa alta calidade (moi superior á do feixón importado de Marro- cos) e magní ca produción en campo, sen os problemas de enfermidades doutros anos.O caso do tomate é distinto xa que se incre- mentou sensiblemente o volume de produto comercializado superando o de anos ante- riores. O sabor do tomate galego fai que o consumidor estea disposto a pagar máis polo mesmo. Por outra banda, o pemento varieda- de Padrón non alcanzou a previsión de vendas previsto. Pero por primeira vez, este ano comer- cializouse o pemento doce polo que non sepoden establecer comparativas. Os gustos dos consumidores mudan e as producións deben cambiar coa demanda. A outra variedade de pemento, Lamuyo, con elevado custe de pro- dución, non acadou o atractivo e as vendas agardadas. Posiblemente o consumidor non identi que su cientemente a calidade deste pemento producido en Galicia.Coa leituga cumpríronse os obxectivos previs- tos nunha campaña moi estable e constante, do mesmo xeito que outros produtos como a cebola galega, de elevadísima calidade e di- ferenciación para os consumidores galegos.Destaca o caso da cabaciña chegando, nal- gún caso, a incrementar a porcentaxe das ven- das previstas a niveis nunca agardados, o que obrigará a incrementar a produción de cara á seguinte tempada, ao igual que o cogombro.Berenxena, grelos e nabizas acadaron sen pro- blemas a produción demandada, así como a satisfacción dos consumidores. Ben é certo que as entidades comercializadoras están en condicións de proporcionar máis volume des- tes e outros produtos en caso de demanda.Cun verán seco, o repolo incrementou o seu valor, coa vantaxe de adaptar facilmente o produto ás características máis solicitadas po- los consumidores. Neste senso, as cooperativas estudarán un aumento na produción.A normalidade climática deste ano, aínda que caracterizada pola seca de principios ano e do verán favoreceu unha produción forte. As previsións iniciais anunciadas pola distribuido- ra Vegalsa-Eroski en relación á campaña 2016, cumpríronse en termos de volumes comerciais, chegando incluso a sobrepasarse con algúns produtos. A facturación acadará previsible- mente entre un 5% e un 10% por riba das esti- macións anteriores, segundo o apuntado por Vegalsa –Eroski.

