Page 14 - Demo
P. 14
14tendencias“Non hai liderados de persoas senón de colectivos ou de equipos”Entrevista. José Severino Montes - Presidente FeiracoPremio Liderazgo Empresarial 2016 da Confederación de Empresarios da CoruñaQue sentiu cando soubo da concesión do Premio?Sorpresa. Non me consideraba con méritos su- cientes para unha distinción desa categoría, que fai un recoñecemento a unha traxectoria de liderado.De seguido, pensei que na miña vida tiven moitas oportunidades que me facilitaron ser emprendedor e coincidir en ambientes e situa- cións que me animaron, con desexos de pro- gresar. Sobre todo, coincidín con moitas per- soas que me apoiaron e cooperaron con tanto entusiasmo coma min. Por iso creo que non hai liderados de persoas senón de colectivos ou de equipos; case sempre é así.É diferente liderar unha cooperativa fronte a outro tipo de empresa?Hai unha diferenza moi notoria e determinante: unha cooperativa responde a un problema ou necesidade colectiva cunha visión ou proxec- ción de economía social, coidando o benestar da persoa socia e o do colectivo onde nace ou actúa. Outras empresas só valoran a ren- dibilidade inmediata do capital, considerando menos os valores do cooperativismo. Porén, é xusto apreciar empresas con programas deRSE (Responsabilidade Social Empresarial) moi sensibles socialmente, eu diría que cada vez máis, e tamén o emprego que xeran.Unha cooperativa responde a un problema ou necesidade colectiva, coidando o benestar da persoa socia e o do colectivo onde nace ou actúa. Outras empresas só valoran a rendibilidade inmediata do capitalNunha cooperativa cada persoa socia é dona e protagonista, aínda que o plan estratéxico e os obxectivos se decidan colectiva e de- mocraticamente. Os resultados e bene cios distribúense entre a masa social segundo se decida, pero unha parte repercute sobre todo o colectivo, capitalizada para potenciar a pro- pia cooperativa.Malia a importancia do agroalimentario, nunca se concedera o Premio a un empresa- rio do sector. Cómpre incentivar a iniciativa empresarial e industrial no agro?Para min o valor máximo da distinción está no recoñecemento do traballo no rural, sobre todo a través das cooperativas, capaces de unir vontades e arrincar proxectos transforma- dores da realidade, cun desenvolvemento so- cioeconómico moi importante.

