Page 15 - Demo
P. 15
16tendenciasImaxe corporativa, redes sociais, web... iCoopera reforza a competitividade das cooperativasDurante todo 2015, a Consellería de Economía, Empre- go e Industria (antes Consellería de Traballo e Benestar) está a ofrecer a oportunidade —ás cooperativas gale- gas de todos os sectores económicos— de reforzar ou implantar as estruturas comerciais e de comunicación mellorando a imaxe corporativa e empregando recursos tecnolóxicos —como páxinas web, comercio electrónico ou redes sociais— a través do proxecto iCoopera, que ofrece este servizo de xeito gratuíto para as entidades interesadas.“As cooperativas non deben subsistir; deben competir en igualdade e mesmo en situación de superioridade, pero para iso cómpre contar coas novas tecnoloxías”: Con estas palabras inauguraba a subdirectora xeral de Cooperati- vas e Economía Social, Alba Paz, a xornada de presentación do iCoopera en Ourense, a nais do pasado mes de outubro.A competitividade, neste caso, vén apoiada pola actualización ou incorporación de ferra- mentas das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), pois segundo o consultor Jorge Lafuente, o achegamento das entida- des cooperativas de cara aos seus potenciais clientes e provedores pasa, necesariamente,por elas: “Os usuarios dun produto ou servizo queren coñecer información de primeira man sobre el, e recurrirán a aquela información que atopen na Rede. Se [as cooperativas] xeran e xestionan boa información, serán a fonte prin- cipal e controlarán e mellorarán a súa imaxe pública”.ObxectivosiCoopera foi deseñado para potenciar, nas cooperativas, as liñas de investigación, de in- novación, de desenvolvemento tecnolóxico e de uso das TIC. As cooperativas que se adhiran ao programa, que é totalmente gratuíto, be- ne ciaranse en tres áreas principais: recibirán asesoramento técnico permanente para crear e manter o seu proxecto de TIC ou I+D+i; reci- birán apoio na xeración de ideas, proxectos e consolidación de equipos de traballo e serán titorizados en función das súas necesidades especí cas.76 cooperativas inscritas en iCoopera a no- vembro de 2015:•25 agroalimentarias •41 traballo asociado •5 transporte•1 mar•1 consumidores e usuariosInnovaciónCalquera cooperativa pode adoptar medidas de innovación, independentemente do seu tamaño ou eido de actividade. A innovación pode darse en diferentes ámbitos do negocio, dende a instauración de novas canles de co- municación cos clientes ata a colaboración entre as propias cooperativas, pasando por procesos internos de xestión das tarefas da cooperativa, aspectos que toca iCoopera.Neste senso, Alba Paz, subdirectora xeral de Cooperativas e Economía Social, destacou a