Page 13 - Demo
P. 13
14tendenciasEn dous anos ToTCOOP+i transformará a calidade da formación impartidanas cooperativas europeasUn consorcio a nivel europeo, liderado por AGACA xunto con outras cinco entidades doutros tantos países euro- peos, acaba de poñer en marcha ToTCOOP+i, iniciativa que traballará para innovar a formación dos formadores e formadoras das cooperativas agroalimentarias europeas. A duración deste proxecto, enmarcado e co nanciado polo Programa Erasmus+, é de 24 meses, prevéndose o seu remate para agosto de 2017.Un dos retos aos que se enfrontan, actualmen- te, as cooperativas do sector agroalimentario en Europa é o de fomentar a cultura de em- presa das persoas que integran os Consellos Reitores e incrementar os seus coñecementos, capacidades e habilidades na Administración da empresa, co n de alcanzar un axeitado ni- vel nos procesos de toma de decisións e na capacidade de adaptación aos cambios es- tratéxicos que marca o mercado, procurando, ao mesmo tempo, favorecer a incorporación das mulleres e da xuventude —a través da asunción de responsabilidades—, aos postos representativos da cooperativa.Elaboraranse contidos formativos comúns co n de actualizar e me- llorar os coñecementos e capaci- dades didácticas dos docentesA Asociación xa leva tempo traballando nes- tes ámbitos, desenvolvendo formación especí- ca e especializada, obradoiros e xornadas de motivación e de emprendemento. ToTCOOP+i é un paso máis nesta dirección, compartindo as sinerxías que se desprenden do traballo conxunto entre entidades cooperativas con preocupacións parellas en distintos países.Formación de docentesTrátase de incrementar as capacidades e ha- bilidades pedagóxicas, metodolóxicas e pro- cedimentais, así como os coñecementos téc- nicos e a adaptación aos novos escenarios derivados da crise económica, dos formado- res e formadoras de asociacións, cooperativas agroalimentarias e de organizacións que ofer-Primeira reunión dos integrantes do proxecto, en Santiago de Compostela