Page 48 - Demo
P. 48

Ferrán Adriá cos produtos cooperativos nun encontro promovido por CaixaBank“A innovación é buscarse a vida” foi o lema que de- fendeu en febreiro en Compostela o cociñeiro Ferrán Adriá nunha conferencia na que presentou, ante 500 empresarios, a súa Guía de Emprendedores en Res- tauración e os novos plans de creación dun centro de innovación gastronómica en 2018.Adriá aproveitou a estancia en Galicia para pre- sentar “Mise en Place, Guía para gestionar un res- taurante” editada por CaixaBank e a fundación do cociñeiro, elBulliFoundation. O seu obxectivo é que os emprendedores afonten coas máximas garantías de éxito a posta en marcha dun negocio de restau- ración e minimicen o risco do investimento.Ademais, as entidades galegas Horsal, Martín Códax, Bico de Xeado, Congalsa, Granxa Campomayor, In- dicación Xeográ ca Protexida Castaña de Galicia, Portomuíños e Innolact tiveron ocasión de presentar directamente ao cociñeiro os seus produtos nun Ta- ller de Innovación AgroBank & elBulliFoudation. Pui- deron debater sobre procesos produtivos e comer- cialización e mostrar e analizar as súas estratexias de éxito, así como claves para xerar valor engadido.Adriá destacou que en materia de cociña, Galicia conta “cunha xeración de xente incrible”.48brevesFelicitaciónsás cooperativas socias galardoadas con medallas Bacchus e premios VeremaVairas adegas asociadas a AGACA recibiron Meda- llas de Prata na edición 2017 dos Premios Bacchus. Estes galardóns, promovidos pola Unión Española de Sumilleres, contan cun xurado de 85 persoas ex- pertas en cata (xornalistas especializados, sumilleres, enólogos, Masters of Wine e Masters of Sommelier).Tratouse dos seguintes caldos, en canto a brancos: o albariño Condes de Albarei 2016 e o Martín Códax 2016, ambos da Denominación de Orixe Rías Baixas. No que respecta a tintos, foi premiado o Viña Costei- ra Mencía 2015, primeiro viño da adega Viña Costei- ra con Denominación de Orixe Valdeorras.Competiron contra os 1700 viños candidatos na edi- ción 2017 dos Bacchus, premios que contan co aval da Unión Internacional de Enólogos, da Federación Mundial de Grandes Concursos de Viños e Espiri- tuosos e co recoñecemento o cial do Ministerio de Agricultura e Pesca,Alimentación e Medio Ambiente.Por outra banda, o Albariño Pazo Baión 2014, da cooperativa Condes de Albarei, resultou elixido por votación popular como “Mellor Viño Branco Español de 2016” nos Premios Verema, entregados en febreiro en Valencia.Este concurso está organizado por Verema.com, unha comunidade virtual de a cionados ao viño e a gastronomía con máis de 47.000 usuarios rexistrados, nacida en 2000. Os seus premios son decididos polos votos das persoas da comu-nidade.O pasado verán, Verema. com organizou o “Encon- tro de Foreiros Verema Rías Baixas”, que permitiu aos usuarios da Comuni-dade coñecer a adega Condes de Albarei e tamén Martín Códax, ademais daspoboacións da comarca.


































































































   46   47   48   49   50