Page 29 - Demo
P. 29

ción; dende este momento, a alimentación pode manterse próxima ás necesidades de mantemento ata o cuarto mes de xestación. Aí é preciso un ni- vel nutricional elevado, incluso pode ser insu ciente dispoñendo de herba abundante e de boa calida- de, porque cando as ovellas e cabras son prolí cas (dous ou máis años) poden non cubrir as súas nece- sidades enerxéticas e sufrir a “Toxemia da Xestación”, enfermidade metabólica cunha mortalidade moi elevada.Nalgunha granxa avanzada fan ecografías aos ani- mais o que permite determinar o número de fetos de cada ovella e posteriormente organizar a alimenta- ción en grupos. Un elevado nivel de nutrición de ove- llas que só teñen un año crea problemas no parto, porque as crías ao nacemento son excesivamente grandes, podendo chegar a pesar cinco ou máis quilos.Unha vez producido o parto, o perigo da toxemia desaparece e, se hai pasto abondo, xa non é impres- cindible continuar co suplementado, a non ser que os animais chegaran ao parto nunha condición cor- poral de ciente.Como principio básico, as ovellas e cabras que pre- cisen alimentos concentrados deben recibilos antes do parto, en lugar de despois.A loita contra as parasitosesOs animais en pastoreo vense afectados polas para- sitoses internas (intestinais e pulmonares) máis ca os que están en con namento. Os animais novos (años e cabritos) son moi sensibles ás diferentes parasito- ses; os animais adultos adoitan acadar bastante re- sistencia, agás no caso das infestacións por fasciola hepática (zonas húmidas) e dicrocelium (zonas se-cas), que afectan ao fígado. O problema das para- sitoses pode ser grave, de pacer as crías coas súas nais.Diarreas negras e toses persistentes son síntoma cla- ro de que os animais acadaron parasitoses e cóm- pre asesorarse co veterinario da explotación ou da ADS (Asociación de Defensa Sanitaria). Pouco a pouco, os animais novos van adquirindo resistencia e o problema redúcese.En caso de que as ovellas e as súas crías pazan en praderías previamente segadas para conservación, a incidencia das parasitoses nos seguintes pases de pastoreo adoita ser mínima ou mesmo inexistente. Existen vacinas para diversos tipos de enfermidades (pasteurelose, agalaxia, pedeiro, clamidiose, ecti- ma etc...) en ovinos e caprinos pero hai un grupo de enfermidades producidas por diferentes tipos de bacterias do xénero “clostridium”, coñecidas vulgar- mente como “basquilla” para as cales a vacinación é imprescindible.É unha enterotoxemia que provoca mortes case ins- tantáneas en crías e adultos cando se cambian a alimentación ou as condicións climáticas, por exem- plo. A vacinación das femias preñadas no cuarto mes de xestación e antes dos 15 días de inicio dos partos inmunizará ás ovellas e cabras para o resto do ano e ás crías ata arredor das oito ou dez sema- nas de vida; a partir de aí, é preciso revacinar años e cabritos.O tosquiado (rapado) das ovellasÁs ovellas hai que tosquialas anualmente, aínda que xa hai razas que non é preciso rapar (pelibuey) . Hai máis de 20 anos que OVICA contrata tosquiadores polacos que todas as primaveras rapan ás ovellas29caderno técnicoNo132 - Marzo 2017


































































































   27   28   29   30   31