Page 28 - Demo
P. 28
28caderno técniconatural. Para logralo son necesarias prácticas como o ushing, o “efecto macho” e sobre todo, tratamen- tos hormonais. O ushing consiste en incrementar notablemente o nivel de alimentación das ovellas e cabras antes da época de cubrición e convén com- binalo co denominado “efecto macho”, que implica que as femias estarán separadas dos machos du- rante un período tempo previo á cubrición.A colocación de esponxas vaxinais e inxección de PMSG (inxección intramuscular de coriogonadotro- pina), dá resultados bastante seguros sempre que se sigan exactamente as indicacións do fabricante e que os animais estean previamente ben alimen- tados. Outra posibilidade é a de usar implantes de melatonina (melovine), colocados no entorno das orellas de femias e machos, 40 días antes da data prevista de cubrición.A combinación de diferentes métodos para estimu- lar a ovulación e a actividade sexual actúan de forma sinérxica, o que mellora os resultados. Existen razas como a Finesa ou a Romanov, que poden saír en celo nesas épocas nas que outras razas están en anoestro, apenas son usadas en Galicia e só serven como razas nai, pois os seus años en pureza teñen escaso valor comercial.Coidados na cubrición e na xestaciónA rendibilidade dunha explotación de ovellas ou ca- bras dependerá, en boa parte, da capacidade deproliferación dos animais. Esta dependerá da raza dos animais, da época de cubrición, do nivel de ali- mentación previo á época de monta e do “efecto macho”. A ovella galega considérase prolí ca pero en Galicia existe bastante mestizaxe con outras ra- zas europeas especializadas na produción de carne, como Berrinchon, Charmoise, Texel, Suffolk, Charollais e outras. A pesar de todos estes cruzamentos, o nivel medio de proliferación da poboación ovina galega adoita ser alto, ao igual que o das cabras galegas.Cando se programa a cubrición dun determinado rabaño é conveniente que os animais estean en boa condición corporal ou gañando peso, para o que é esencial que o nivel de alimentación no mes anterior ou como mínimo nos últimos 15 días fora elevado. Pode ser su ciente se se dispón de herba abondo e de calidade, algo que no outono é plausible nas explotacións galegas.Se non fose así, os animais deben ser suplementados con forraxes conservadas de calidade (silo ou her- ba seca) e algún concentrado de 150 a 300 gr/ día. Pode ser un penso composto, unha mestura para ovellas ou mesmo orxo (cebada) en grao. Non se deben empregar concentrados elaborados para va- cas de leite porque habitualmente conteñen cobre en cantidades que as ovellas non toleran; pola con- tra, as cabras teñen unha alta tolerancia ao cobre.O nivel alto de nutrición debe continuar polo me- nos ata 15 días despois do n do período de cubri-

