Page 27 - Demo
P. 27
de partos non é a mais axeitada para a venda pos- terior dos años nin dos cabritos, pois cando acaden o peso axeitado para o sacri cio (entre tres e catro meses), o que acontecerá nos meses de marzo e abril, coincidirá coa época de menor demanda por parte consumidores e coa avalancha de vendas dos cordeiros “leitóns” procedentes dos rabaños de ovellas de leite de Castela e León. En Galicia, a maior demanda comeza a partir do 24 de xuño (festas do San Xoán) e os prezos van subindo ata acadar os valores máis altos no n do verán, no outono e nas festas do Nadal.O período ideal de cubrición de ovellas e cabras é o outono; a partir da segunda quincena do mes de outubro ata n de ano ou mesmo ata mediados de xaneiro. A partir do incremento das horas de luz os celos van diminuíndo ata chegar ao anestro case absoluto nos meses de abril e maio. Debido a que a xestación de ovellas e cabras dura aproximadamen- te cinco meses, os partos comezarán a mediados de marzo e ata xuño.Os partos de marzo e abril son os máis interesantes porque as nais dispoñen de pasto abondoso e de calidade e leite su ciente para alimentar aos años ata os tres ou catro meses (máis curto en ovellas ga-27caderno técnicolegas puras). Cando comeza o mes de xullo agás en anos con veráns húmidos, a cantidade e dixesti- bilidade da herba diminúe. Nese momento pode ser preciso suplementar os animais para que non per- dan peso nin a graxa de cobertura, que é esencial de cara a manter o seu valor comercial. En escasas zonas de Galicia nas que se dispón de regadío ao longo do verán pódense ter partos mais tardíos e años para a venda nos meses do n do ano, cando os prezos son máis elevados.Só cando se pretende incrementar o tamaño do ra- baño mediante recría merece a pena ter partos de inverno, porque as añas destinadas á reprodución nacidas nos meses de decembro e xaneiro acada- rán o tamaño e peso necesarios para ser cubertas no outono con dez ou once meses de idade, o que permite gañar un ano con respecto ás añas nacidas na primavera (abril e maio) porque estas di cilmente poderán quedar preñadas dentro do mesmo ano.Os partos de nal do verán ou comezo do outono — en setembro ou na primeira quincena de outubro—, son interesantes dende o punto de vista económico, polos prezos altos, se se pastan pastos de calidade. Por iso é necesario que as ovellas queden preñadas no mes de abril, cando non entran en celo de xeitoOVICA. Foto Granxa Teixeiro e Pistón (Manexo cabrún exten- sivo, 2016)BecerreáNo132 - Marzo 2017

