Page 31 - Demo
P. 31

      Sistema de guiado ou interior de cabina de máquina
bre cartografía e mesmo comunicarse directamente coas centraliñas de xestión do motor.
Estes adiantos tecnolóxicos están orientados a faci- litar a xestión dos equipos, tanto para os operarios que as manexan coma para os técnicos de xestión do plan de traballo e os mecánicos de asistencia. Este incremento de prestacións tecnolóxicas acom- páñase dun incremento nos custos dos equipos.
Débese, por tanto, facer unha correcta selección da máquina e do equipamento que se pode integrar na mesma, valorando o incremento de prezo da in- vestimento e a rendibilidade extra que se pode aca- dar coa mesma.
A continua evolución tecnolóxica e a súa maior pre- senza nos equipos de todos os fabricantes, ten un efecto positivo con respecto ao axuste dos prezos no equipamento tecnolóxico, o que permitiu a súa pro- gresiva integración nas máquinas que se incorporan aos parques da nosa comunidade.
31
caderno técnico
Como en todo o que ten que ver coa tecnoloxía e a súa continua progresión, os avances non sempre van acompañados da formación axeitada dos técnicos e mecánicos dos concesionarios, aspecto a ter en conta no momento de seleccionar a máquina. Non serve de nada unha máquina tecnoloxicamente moi avanzada, se o servizo técnico do concesionario non é capaz de prestar a asistencia necesaria para a súa posta en marcha ou resolución de incidencias.
Cuali cación profesional e prevención de riscos no manexo de maquinaria agrícola
A cuali cación profesional do persoal que manexa, repara e xestiona os parques de maquinaria agríco- la debera ser unha cuestión máis relevante do que ata agora se ten constatado. A falta dun ciclo espe- cí co ou dun módulo formativo que se imparta de xeito continuo para formar profesionais no manexo e mantemento de maquinaria agrícola é un lastre moi grande para a progresión actual do sector e un forte limitador para un futuro.
A continua mellora do equipamento tecnolóxico das máquinas, as maiores prestacións técnicas e as ele- vadas capacidades de traballo non veñen acompa- ñadas dunha mellor capacitación profesional dos operarios que as manexan e reparan. Esta realidade, difícil de explicar e de poñer en relevancia, debera reconducirse para que o conxunto do sector obtive- ra un merecido salto cualitativo.
Na actualidade, a excepción dalgún curso moi es- porádico de tractorista agrícola, practicamente o único sistema de formación neste ámbito baséase en adquirir experiencia por iniciativa propia ou ab- sorbendo os coñecementos doutro operario que leva máis tempo facendo ese traballo.
 Grá co no4
Horas de traballo/mes nun parque de tractores
 No135 - Outubro 2017
 



















































































   29   30   31   32   33