Page 32 - Demo
P. 32
32
caderno técnico
Esta circunstancia tamén está condicionada pola estacionalidade da carga de traballo con certo tipo de máquinas, como poden ser as colleitadoras, xa que a penas hai cinco meses ao ano, de carga con- tinua. A maiores da estacionalidade, as intensas xor- nadas de traballo e a necesidade de acadar rende- mentos óptimos no mínimo tempo de aprendizaxe, desfavorecen esta importante tarefa de formación.
A citada estacionalidade e a concentración da car- ga de traballo non sempre permiten a continuidade laboral de todo o persoal necesario para atender a demanda de servizos. De media, só o 60% dos ope- rarios dun parque de maquinaria baseado en trac- tores e colleitadoras tería continuidade laboral todo o ano. No caso dos servizos de carro mesturador co- munitario, a estacionalidade non é condicionante; por contra, a prestación diaria do servizo (incluídos as ns de semana), implica dispoñer de persoal su - ciente para facer quendas e cubrir vacacións.
Como en todos os ámbitos profesionais, a falta de cuali cación especi ca lastra notoriamente a capa- cidade óptima de traballo, mingua o potencial pro- fesional dos empregados e condiciona a expansión (ou a propia sustentabilidade) da actividade.
Por outra lado, e directamente relacionado coa falta de formación especi ca, está a prevención de riscos no manexo de maquinaria agrícola. Esta cuestión ten unha forte relevancia, tendo en conta o espe- cialmente sensible que resulta esta actividade, tanto polo contorno cambiante e afecto a climatoloxía no que se realiza, como pola concentración da carga e as longas xornadas de traballo, así como polas pro- pias características das máquinas que se manexan.
Non deixa de ser preocupante a continua sucesión de accidentes mortais con maquinaria agrícola que se producen en Galicia e a falta de estatísticas que re ictan a falta de formación na prevención de riscos especí ca para operarios.
En todo caso, debe valorarse en positivo o esforzo que se está a facer para cambiar este complexo pa- norama. A forza de insistir nos riscos, de formar aos usuarios no correcto manexo da maquinaria e nas medidas de prevención a adoptar, esperemos aca- dar unha menor siniestralidade no sector.
Deseñar unha estratexia de formación e capaci- tación profesional para operarios de maquinaria agrícola integrando a formación continua na pre- vención de riscos laborais no manexo redundaría nun triplo bene cio:
• Saída laboral para mozos e mozas sen formación especi ca.
• Capacidade de expansión e diversi cación de parques de maquinaria/empresas de servizos ao poder dispoñer de persoal cuali cado.
• Redución de siniestralidade no sector
Conclusións
Certo que é difícil emitir unha opinión sobre a evo- lución da mecanización agraria en Galicia sen a distorsión da in uenza persoal, pero non deixa de ser tentadora unha análise en positivo. Ten especial mérito que nun contorno cambiante, afecto a moi- tas incidencias que non son de control directo como poden ser o clima, o prezo dos carburantes ou o das producións agraria e gandeiras, se poida falar dun- ha notoria progresión en medios dispoñibles e de profesionalización do sector.
Por outra banda, ter acadado un nivel aceptable na actualidade non debe ser recompensa su ciente e debe obrigarnos a seguir unha liña de mellora conti- nua, de optimización dos investimentos e de traballo na xestión integradora dos medios dispoñibles.
Velar polo futuro dos profesionais dos servizos con maquinaria agrícola, con independencia da forma empresarial, é unha responsabilidade conxunta. Cumas, cooperativas e empresas de servizos, xunto cos concesionarios de maquinaria e provedores de consumibles, teñen un futuro en común que pasa por xuntar esforzos de progreso, conter os excesos e mellorar na capacitación profesional de todos os actores.

