Page 35 - revista agaca 167_web
P. 35

35

                                                                                               tendencias

                     Inés Jul: «Se houbese desabastecemento


                   nos supermercados, a cidadanía valoraría

                         máis o traballo da xente do campo»



               Inés Jul, gandeira, con 35 anos, nai de tres
               fillas, propietaria da granxa Currás-Xiá e
               socia da cooperativa Aira, aprecia moito a
               súa calidade de vida, grazas a traballar no
               que lle gusta. Ultimamente está recibindo
               diversos premios pola súa xestión profe-
               sional, pero recoñece que esta actividade
               non está suficientemente valorada pola
               sociedade e que «se houbese desabaste-
               cemento nos supermercados, a cidadanía
               valoraría máis o traballo e o esforzo da
               xente do campo».

               A explotación Currás-Xiá está situada en Currás,
               unha poboación do concello de Friol (Lugo).
               Catro persoas: a propia Inés, os seus pais e un
               empregado encárganse do coidado dunhas 300
               reses que producen uns dous millóns e medio de
               litros anuais. Contan cunha sala de muxido de 20            Inés Jul, gandeira socia de Aira.
               puntos e un robot de muxidura para as vacas de
               alta produción.
                                                                  Formación continua
                As raíces
                                                                 Para mellorar, Inés desenvolveu un curso de
               Vivir  dende  sempre  na  aldea  marca:  «As  raíces   benestar  animal  e  incorporación  á  empresa
               tiran», confesa esta gandeira, que durante un     agraria en vacún de leite e, segundo manifesta:
               tempo marchou a Lugo para formarse como           «Sigo preparándome porque, neste sector, como
               perruqueira. Chegou, despois de rematar o ciclo,   en todos, hai que formarse continuamente, é
               a  traballar  unha  tempada  neste sector,  aínda   necesario ir progresando. A nosa idea e ir mello-
               que segundo recoñece: «Seguín completamente       rando, tanto no benestar  dos animais como no
               vinculada á gandería porque é o que realmente     persoal».
               me gusta».
                                                                 Inés manifesta a súa disposición a coñecer expe-
               Aínda que os seus proxenitores nunca a condicio-  riencias de fóra, aínda que de momento non se
               naron, nin a ela nin ao seu irmán, Jul confesa que   lle presentou a ocasión, para acceder a outros
               se alegraron cando lles dixo que volvía para casa   xeitos de traballar.
               para dedicarse á granxa.
                                                                 Iso si, esta gandeira non se sinte demasiado
                Diferenzas xeneracionais                         optimista agora mesmo: «As esixencias que nos
                                                                 impoñen dende a Unión Europea fannos perder
               Xa sexa porque os seus pais son novos, como       demasiado tempo».
               aclara, ou porque están moi abertos a actuali-
               zarse, esta moza non percibe grandes diferenzas    As vantaxes
               entre o seu xeito de entender a xestión da explo-
               tación e a perspectiva deles.                     «O que máis valoro do meu traballo é a calidade
                                                                 de vida que teño. Poder criar e estar coas miñas
               Aínda que conta cunha sala de muxido de certa     tres fillas as 24 horas do día, na natureza, non hai
               envergadura e cun robot de muxido, aspira a       cartos que o pague».
               acadar o robotizado total da granxa.

                                                                                                     Nº 167 Marzo 2024
   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40