Page 20 - revista agaca 152_web
P. 20

20

               caderno técnico


                           A xestión integrada de pragas nos


                                   principais cultivos galegos



                                                                                                   Autores:
                                                                                    Servizo de Sanidade Vexetal
                                                                                Servizo de Explotacións Agrarias
                                          Estación de Viticultura de Enoloxía de Galicia, EVEGA. Consellería do Medio Rural


               O Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro,      solucións adoptadas nas aplicacións químicas aos
               polo que se establece o marco de actuación        cultivos. As superficies inferiores ás indicadas están
               para acadar un uso sustentable dos produtos       exentas  de contar cun  técnico  asesor  fitosanitario,
               fitosanitarios  (en adiante Real  Decreto) traspón  ao   pero os agricultores titulares deberán ter debida-
               ordenamento xurídico español a Directiva 2009/128/  mente cuberto o libro de tratamentos e cumprir a XIP.
               SE, do 21 de outubro de 2009, pola que se establece
               o marco da actuación comunitaria para conseguir   Un condicionante actual na xestión da sanidade
               un uso sostible dos praguicidas. Esta directiva ten por   vexetal dos cultivos é a ameaza de novas pragas e
               obxecto reducir os riscos e efectos do uso de pragui-  enfermidades que en moitos casos veñen doutros
               cidas na saúde humana e no medio ambiente e       continentes e que se instalan nas nosas latitudes.
               fomentar a xestión integrada de pragas (en diante
               XIP) e das técnicas alternativas ao uso de praguicidas.   A ausencia de depredadores naturais que regulen
               Unha das medidas para acadar isto foi a revisión e,   a expansión destes novos axentes nocivos e a
               en moitos casos, cancelación de diversas materias   desprotección das nosas variedades vexetais ante
               activas empregadas nos produtos fitosanitarios. Isto   estas novas ameazas provocan que certas pragas
               supón unha diminución significativa das ferramentas   e enfermidades se volvan verdadeiros problemas. Un
               químicas para facer fronte aos problemas sanitarios,   claro exemplo disto, no caso do cultivo da pataca,
               situación que nos aboca a repensar o manexo dos   é a couza guatemalteca (Tecia solanivora), que
               cultivos cara a manter a súa rendibilidade.       aparece nas Illas Canarias en 1999 e chega a
                                                                 varios  concellos  do  norte  da  provincia  da  Coruña
                                                                 no  ano  2015,  declarándose  a  súa  presenza  no
                           O asesoramento fitosanitario é
                                                                 norte da provincia de Lugo en 2016. O Ministerio de
                    obrigado nas empresas de servizos e          Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) elaborou,
                  nas explotacións agrarias de superficie        a raíz desta presenza no ámbito continental, un plan
                                                                 nacional de continxencia co obxectivo de impedir a
                     igual ou superior ás cinco hectáreas
                                                                 súa aparición e actuar con rapidez e eficacia na súa
                        dedicadas ao cultivo da pataca,          erradicación. Este plan nacional contempla tanto as
                        froiteiras ou viñedo. As superficies     medidas cautelares a adoptar no caso de sospeita
                                                                 da  presenza  da couza  (inmobilización  de  material
                   inferiores están exentas de contar con
                                                                 vexetal, colocación de trampas con feromona sexual
                      persoal técnico asesor fitosanitario,      específica, trazabilidade de lotes potencialmente
                          pero os agricultores/as titulares      contaminados etc.) como as medidas de erradica-
                                                                 ción no caso de confirmarse a presenza (prohibición
                     deberán ter debidamente cuberto o
                                                                 da plantación, destrución de tubérculos, control
                     libro de tratamentos e cumprir a XIP.       químico, desinfección de maquinaria, equipos, insta-
                                                                 lacións etc.).

               A fin de cumprir coa obriga da XIP, o Real Decreto   Outra praga importante neste cultivo é a pulguiña
               define no seu artigo 11 a figura do técnico asesor   da pataca (Epitrix papa). Este organismo nocivo
               fitosanitario. O asesoramento fitosanitario é obrigado   foi identificado por primeira vez en España no ano
               nas empresas de servizo e nas explotacións agrarias   2009, en Xinzo de Limia (Ourense). Actualmente está
               de superficie igual ou superior ás 5 ha dedicadas ao   confirmada a súa presenza en varios municipios de
               cultivo da pataca, froiteiras ou viñedo. Estas explo-  Galicia, Asturias e Andalucía.  Aínda que a súa hospe-
               tacións deberán ter reflectido documentalmente as   dadora principal é a planta da pataca (Solanum
   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25